Dentro das actividades do Obradoiro Europeo MTN - More than Neighbours, o vindeiro venres 25 de novembro terá lugar unha Conferencia do profesor doutor D. Juan Manuel Sánchez Quinzá-Torroja, profesor titular de Economía Aplicada da Universidade da Coruña e docente da asignatura de "Economía española" da Universidade Sénior da Coruña.
A Conferencia que versará sobre o proceso de desindustrialización en Europa, comenzará as 11 horas no Salón de Actos do CUR (primeiro andar).
A desindustrialización é un dos contidos que se están a desenvolver na Asociación de Aprendizaxe Grundtvig "More than Neighbours" dentro do Programa de Aprendizaxe Permanente - Lifelong Learning Programme da Unión Europea, no que participa a Universidade Sénior da Coruña xunto con outras seis institucións de educación de adultos de Alemania, Italia, Bélxica, República Checa, Polonia e España.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000