Premio do Ministerio de Educación á Universidade Sénior

Mención Honorífica aos Talleres Europeos nos Premios "Miguel Hernández" 2011

Hannover_2010

A actividade dos Talleres Europeos da Universidade Sénior da Universidade da Coruña foi premidada polo Ministerio de Educación e Ciencia cunha Mención Honorífica na última convocatoria dos Premios Miguel Hernández que apoian e difunden boas prácticas e expriencias de aprendizaxe ao longo da vida en España.

O BOE do pasado 4 de outubro publicaba a Resolución pola que se concedían os Premios Miguel Hernández na súa edición de 2011, destinados a recoñecer as experiencias educativas que contribuen á eliminación das desigualdades ante a educación e a supresión da discriminación, premiando a labor realizada por institucións públicas e privadas sen ánimo de lucro, distinguidas pola súa aportación eficaz á supresión do analfabetismo, tanto o tradicional como o que se pode xerar polo progreso científico e tecnológico.

A concesión da mención honorífica recoñece a promoción da dimensión europea na Universidade Sénior da Coruña dentro do Programa de Aprendizaje Permanente - Lifelong Learning Programme da Unión Europea, no que a Universidade Sénior ven participando dende 2003 en diferentes proxectos de educación de adultos có obxectivo de potenciar unha cidadanía europea activa entre os alumnos e alumnas sénior da Universidade da Coruña.

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000