A Universidade Sénior da Coruña recibe o premio Galicia Senior

Trátase da primeira edición destos premios que concede a Xunta de Galicia

A Universidade Sénior da Universidade da Coruña foi galardonada na primeira edición dos Premios Galicia Sénior pola oferta formativa que pón ao dispor das persoas maiores de 50 anos.

O acto estivo presidido polo Presidente da Xunta de Galicia, Don Alberto Núñez Feijoo, e no decurso do mesmo, a Vicerreitora de Organización Académica e Titulacións da UDC, Dna. Ana Dorotea Tarrío Tobar, recolleu o premio de mans da Conselleira de Traballo e Benestar, Dna. Beatriz Mato, e realizou a intervención agradecendo a concesión en nome de tódolos programas universitarios para maiores de Galicia.

 

SDC11431_webSDC11429_web


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000