O número de materias das que deberá matricularse é de tres (9 créditos). Dúas son obrigatorias, Psicoloxía e Arte e Patrimonio I, e a terceira pódese escoller entre as seguintes:
LISTADO DE MATERIAS OPTATIVAS - CAMPUS DA CORUÑA
Iniciación ao Inglés
Inglés Elemental
LISTADO DE MATERIAS OPTATIVAS - CAMPUS DE FERROL
En cada materia optativa poderán matricularse un máximo de 85 alumnos/as na Coruña, e 45 en Ferrol excepto en Inglés que o nº máximo será de 45 alumnos/as en cada unha e na Actividade Física para Persoas Maiores que será de 35 alumnos/as. No caso de haber máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo.
Na elección de asignaturas optativas, os alumnos de 2º, 3º e 4º teñen preferencia.
Ademais das tres materias, poderán preinscribirse nos talleres, do 10 ao 20 de setembro.
Os/as alumnos/as que formalizaron a preinscrición e non obtiveran praza poderán matricularse como oíntes de dúas materias, do 30 de setembro ao 4 de outubro.
DOCUMENTACION NECESARIA PARA MATRICULARSE OS ALUMNOS/AS DE PRIMEIRO CURSO
O número de materias en que vostede deberá matricularse é de tres. Dúas son obrigatorias e a terceira optativa a escoller entre as que figuran no impreso de matrícula baixo a denominación de optativas.
IMPORTANTE: Non pode vostede matricularse de materias que xa cursou.
En cada materia optativa poderá matricularse un máximo de 85 alumnos/as na Coruña e 45 en Ferrol, excepto en Inglés que o núm. máximo será de 45 alumnos/as en cada unha e na Actividade Física para Persoas Maiores que será de 35 alumnos/as. No caso de haber máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo. Terán preferencia os alumnos do curso máis alto (4º sobre 3º etc.).
Ademais das tres materias poderá preinscribirse nos talleres (do 25 de xuño ao 5 de xullo) e nun máximo de dúas materias como oínte (do 30 de setembro ao 4 de outubro).
Non poderá asistir como oínte as materias de Informática, Actividade Física e Inglés.
O alumnado que non aprobase/xustificase a asistencia algunha das materias en que se matriculou deberá matricularse de novo doutra disciplina adicional para cubrir todos os créditos necesarios por curso.
Lembren achegar a documentación necesaria: a folla de matrícula e o xustificante do ingreso (a folla azul e a folla rosa).
Alumnos/as Ointes
Os alumnos/as que xa cursaran os catro cursos e obtiveran o título de Graduado Sénior pola Universidade da Coruña, poderán matricularse como oíntes nun máximo de dúas asignatruras nas que non se cubriran as súas prazas con alumnos/as de matrícula oficial. O prazo de matrícula como oíntes será do 30 de setembro ao 4 de outubro.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000