Logotipo Universidade Sénior

A Universidade Sénior é o medio a través do cal a Universidade da Coruña (UDC) ponse á disposición de todas as persoas maiores de 50 anos que xa non están en activo. Para acceder a ela, non se requiren estudos previos, senon simplemente manter vivo o desexo de aprender.

Mediante a Universidade Sénior, a UDC busca cumplir parte das súas funcións ao servizo da sociedade; en particular, a difusión do coñecemento e da cultura a través da extensión universitaria e a formación ao longo de toda a vida (Estatutos da UDC, artigo 1.2). Con isto, contribúe tamén a conseguir unha sociedade máis inclusiva, culta, crítica, activa e participativa. Ler máis...

Avisos


Neste apartado atoparás avisos de interese para os alumnos e alumnas: cambios de horarios, suspensións de clases, ...


 

AVISOS

  • Para o vindeiro 15 de outubro de 2025, o estudantado e os traballadores e traballadoras están chamados a secundar varias convocatorias de paros laborais que poden afectar a o normal desenvolvemento da actividade académica da Universidade Sénior, con suspensións de sesións ou dificultades para o acceso ao edificio. Lamentamos os molestias e anunciamos que as faltas de asistencia do alumnado non serán tidas en conta.
  • [Campus A Coruña] Por razóns organizativas, os días 9, 15 e 16 de outubro de 2025 a Secretaría non terá atención ao público en quenda de tarde.
  • [Campus A Coruña] Publicados os calendarios de sesións dos Talleres para o curso 2025-2026 (02/09/2025)
  • [Campus de Ferrol] Aberto o prazo para o cambio da optativa. Só pode ser aceptado/a o cambio dunha materia que dispoña de prazas e  terán preferencia na adxudicación os/as alumnos/as de 4º sobre os de 3º, 2º e 1º correlativamente. O prazo estará aberto dende o 14 de agosto ata o 15 de setembro (ambos inclusive). 
  • [Campus A Coruña] Abre o prazo de solicitude de cambio de materia optativa (1º, 2º, 3º e 4º curso de Graduado Sénior): Do 23 de xullo ao 14 de setembro (22/07/2025)

 

 


 

Se non estás a recibir os correos electrónicos que envía a Universidade Sénior, mánda unha mensaxe co teu nome a Secretaría:


Información sobre a Tarxeta de Identificación Universitaria (TIU)

Sede da Coruña

Normal

Paseo de Ronda, 47, 1º
15011 A Coruña

Sede de Ferrol

Edificio de Apoio ao Estudo

Campus de Esteiro
15403 Ferrol

Síguenos en...