Unidade de Análise e Xestión de Datos

A Unidade de Análise e Xestión de Datos (AXD) centraliza e analiza a información para cubrir estatísticas de carácter oficial, a elaboración de indicadores universitarios e dar resposta ás continuas solicitudes de datos estatísticos por parte dos membros da comunidade universitaria, das distintas institucións públicas e da sociedade en xeral.

Debido a que hoxe en día se dispón de gran cantidade de información e que se incrementaron de maneira considerable os métodos para avaliar os resultados da actividade universitaria, é necesario dar unha información fiable e contrastada que servirá para elaborar indicadores que reflictan a realidade da institución tanto en ámbitos nacionais como internacionais. Como exemplo dos estudos aos que se debe dar resposta pódense citar, entre outros, estatísticas do SIIU-MEC, indicadores de financiamento da Xunta, A universidade española en cifras (CRUE), Estatística sobre actividades I+D do INE, rankings nacionais e europeos etc.

Estes estudos requiren gran cantidade de información que abarca todas as áreas funcionais da UDC, o que orixina que a unidade AXD sexa transversal a todos os servizos da nosa universidade.

Persoal de contacto:

M.ª José Lombardía Cortiña
Teléfono: 881 01 1253
Correo electrónico: axd.direccion@udc.es

Ricardo Marqués
Teléfono: 881 01 5662
Correo electrónico: axd@udc.es

José Juan González Meizoso
Teléfono: 881 01 5653
Correo electrónico: axd@udc.es

Ubicación:

Edificio Xoana Capdevielle, 2.º andar. Campus de Elviña
CP 15008. A Coruña