A Área de Servizos de Información e Estatística ten como función prioritaria responder as continuas solicitudes de datos estatísticos e demanda de información dos distintos aspectos desta universidade, procedente dos membros da comunidade universitaria, das distintas institucións públicas e da sociedade en xeral.
Deste xeito amósase coma a canle adecuada para recoller toda a información e os datos xerados pola universidade e, despois do tratamento e informatización destes, establecer un Sistema de Información Global que, utilizando as novas tecnoloxías da información e as comunicacións, permita ofrecer de maneira áxil unha panorámica xeral completa, sinxela e permanentemente actualizada da UDC.
Justo A. Álvarez Prieto
Santiago Bort Couceiro
Delia Josefina Álvarez López
María Carmen Fernández Méndez
José Juan González Meizoso
Ana María Orallo García