A UDC concede bolsas para o transporte urbano ao alumnado matriculado nas titulacións que se imparten nos campus da Coruña. Esta axuda solicítase no Pavillón de Estudantes (campus de Elviña). O prazo de solicitude da última convocatoria estendeuse ata 28 de setembro de 2012.
Algúns concellos da bisbarra de Ferrolterra ofertan axudas ao alumnado que realiza os seus estudos na cidade da Coruña. Os requisitos solicitados varían segundo o concello. Normalmente, contemplan os seguintes aspectos:
Habitualmente, as convocatorias publícanse no verán ou a comezos de cada curso e poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, nos webs e nos taboleiros de anuncios de cada concello: Ferrol, Narón, Neda e Fene.
A tarxeta Millenium permite obter descontos de até o 20 % nos autobuses urbanos da cidade da Coruña.
A tarxeta de transporte metropolitano de Galicia pódese utilizar no transporte urbano e interurbano de Galicia.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000