A Universidade da Coruña iniciou a conversión aos estudos de grao no curso 2008-2009 co Grao de Terapia Ocupacional e co Grao de Socioloxía. Para o curso 2009-2010 está prevista a implantación de 24 novas titulacións de grao . O resto das titulacións da rama de arquitectura e enxeñaría terán que estar transformados, como moi tarde, no curso 2010-2011.

A implantación dos títulos de grao poderá realizarse de xeito simultáneo para varios ou todos os cursos ou de forma progresiva. No plano de estudos dos respectivos títulos especifícase a forma de implantación.

O estudantado matriculado nos actuais planos de estudos poderá seguir cos existentes até a súa extinción ou acceder os títulos de grao a través do recoñecemento de créditos. Nos títulos de grao inclúese un cadro coas materias das titulacións actuais que van ser recoñecidas nas titulacións de grao.

A implantación das titulacións de grao segue un procedemento, regulado do RD 1393/2007, no que se contempla a verificación e aprobación por parte do “Consejo de Universidades”. Así mesmo, é necesaria a autorización posterior por parte da Xunta de Galicia. As titulacións cuxa implantación está prevista para o próximo curso están pendentes deste proceso.

A continuación preséntanse, clasificadas por ramas de coñecemento, as novas titulacións de grao. Tamén se informa do centro donde se imparten e das titulacións antigas ás que sustitúen.


ARTES E HUMANIDADES

CIENCIAS SOCIAIS E XURIDICAS

CIENCIAS DA SAUDE

CIENCIAS

ENXEÑARIA E ARQUITECTURA

TITULACIÓNS PENDENTES DE IMPLANTACIÓN (2010-2011)


Para o curso 2010/2011 está prevista a implantación das titulacións da rama da enxañaría e arquitectura que se presentan a continuación. Na actualidade están pendentes do proceso de regulado polo RD 1393/2007 (verificación e aprobación do Consello de Universidades e autorización da Xunta de Galicia).


ENXEÑARIA E ARQUITECTURA



<< Páxina Anterior