RESIDENCIAS E ALOXAMENTO

As residencias universitarias son servizos de asistencia destinados a proporcionar aloxamento ao membros da comunidade Universitaria.

No réxime de acceso e permanencia neste servizo teranse en conta preferentemente criterios económicos, unha vez superadas as mínimas esixencias académicas.

Mediante o convenio correspondente, a Universidade concertou o uso de aloxamentos universitarios, aos que asigna a cualificación de residencias concertadas, promovidas e xestionadas por outras entidades, mediante o control de custos e servizos, cun sistema de bolsas para os usuarios, de convocatoria anual.

Formulario de solicitude de praza
Convocatoria de axudas de aloxamento en residencias concertadas para o curso académico 2011-2012 (20 de xuño e remata as 14 horas do día 22 de xullo de 2011)

Acolléronse ao sistema de Residencias concertadas:

Residencia Rialta

Rúa de Laxe.
Rutis-Culleredo
15174
Tlfno.: 981 179500
Fax.: 981 170050

Residencia Portanova

Rúa Fontemoura, 26 – Ferrol
Tlfno.: 981 370648 / 629 888008
Residencia Portanova II
Rua Naturalista López Seoane
Tlfno.: 981 359772 / 629 888008

Ademáis destas dúas residencias , existen outras residencias non concertadas:



Listaxe de Residencias Curso 2011/2012

SERVIZO DE TABOLEIRO DE VIVENDA

A UDC a través do SAPE, pon á disposición do estudantado un servizo de vivenda que ofrece a posibilidade de:

Neste taboleiro, os propietarios poden así mesmo, introducir un anuncio coas características do piso ou cuarto que queren alugar.

O enderezo electrónico deste servizo é: www.udc.es/sape/informacion/index.html

INFORMACIÓN SOBRE ALOXAMENTO NOUTRAS UNIVERSIDADES

www.consejocolegiosmayores.es

RESA