|
|
GALICIA
SUMARIO:
(Fonte: Guía do voluntariado
social - Xunta de Galicia) |

O voluntariado
é o conxunto de actividades de
interese xeral, realizadas por persoas físicas sempre
que non se realicen en virtude dunha relación laboral,
mercantil ou funcionarial e que reuna os seguintes requisitos:
- Carácter altruista e solidario
- Non exista contraprestación
económica(cabe o reembolso dos gastos derivados
da actividade voluntaria
- Se realice de forma libreSe desenvolva
a través de organizacións privadas ou públicas.
|
Voluntario
é a persoa que de xeito libre e
responsable dedica parte do seu tempo a realizar actividades
de interese xeral en favor dos demais ou de intereses sociais
colectivos no seo das organizacións,segundo un proxecto
de intervención destinado a erradicar as causas dunha
necesidade.

|
Organización de voluntarios
é aquela entidade sen ánimo
de lucro legalmente constituída, cuns obxectivos que
cumprir, cuns recursos necesarios, cunhas actividades a realizar
e cunha estructura de funcionamento, que está integrada
na súa maioría por persoas voluntarias e que desenvolve
programas dentro de actividades de interese xeral.

|
Áreas nas que pode actuar o voluntario:
|
Comunidade:
|
Dinamizando o tecido social, desenvolvendo programas comunitariosurbanos
e rurais, promovendo a sensibilización social.
|
Familia e Infancia:
|
Desenvolvendo a convivencia familiar para prever a marxinación,
creando grupos de pais para establecer unha educación máis
axeitada, apoiando á escolarización dos menores
para evitar o absentismo escolar.
|
Xuventude marxinada:
|
Normalizando a súa situación creando motivacións
e procurando a súa participación en actividades
que traten de impulsa-la súa promoción.
|
Persoas con minusvalías:
|
Informando sobre os recursos normalizados, sensibilizando á
poboación para a súa inserción social e eliminando
todo tipo de discriminación.
|
Muller:
|
Apoiando nos seus dereitos ás que sofren de maltrato ou
marxinación, potenciando o asociacionismo nas mulleres
en máis dificultades.
|
Minorías étnicas:
|
Facilitando a súa integración nos sectores de educación,
vivenda e emprego.
|
Persoas maiores:
|
Potenciando a convivencia e inclusión na comunidade, organizando
actividades de lecer e tempo libre e incluso nas que eles mesmos
sexan voluntarios.
|
Inmigrantes e refuxiados:
|
Facilitando a súa acollida, axudando a sua integración,
apoiando ós menores na súa integración no
eido educativo.
|
Cooperación para o desenvolvemento:
|
Participando e desenvolvendo proxectos e programas nos pobos
do terceiro mundo ou naqueles que necesitan o apoio por situacións
de emerxencia.
|

Como incorporarse a unha organización de voluntarios.
A incorporación formalizarase mediante
o correspondente acordo ou compromiso no que, ademáis
de facer constar o carácter altruista da relación,
deberá incluir:
- O conxunto de dereitos e deberes que
correspondan a ambas partes.
- O contido das funcións, actividades
e tempo de dedicación que se compromete a realizar
o voluntario.
- O proceso de formación que sexa
necesario para o cumprimento das súas funcións.
- A duración do compromiso e as
causas e formas de desvinculación por ambas partes.
A organización deberá:
- Acreditar a prestación dos servicios
dos voluntarios, mediante certificación expedida pola
organización na que se realizou a actividade.
- A suscrición dunha póliza
de seguro que cubra os riscos de accidente ou enfermidade
derivados do exercicio da actividade voluntaria.
- Proporcionar ós voluntarios
a formación necesaria para o desenvolvemento das súas
actividades.
|
Onde dirixirte se queres facerte voluntario
Tes moitas posibilidades, de feito
podes dirixirte a calquera entidad que traballe con voluntarios.
Se queres unha lista exhaustiva de estas entidades, podes pasar
pola nosa oficina, ou chamar ou mandarnos un mail.
Lembra que na propia universidade tes
unha entidade deste tipo:
A Oficina de Acción Solidaria
(O.A.S.), situada: Facultade de Socioloxía - 1º
andar - Campus de Elviña, s / n - 15071 - A Coruña.
- Tlf.: 981 167000 ext. 1740 / 1752
E por suposto, lembra que en Galicia temos
a Oficina de Intermediación do Voluntariado Xuvenil,
onde poñerante en contacto con entidades de toda Galicia.
Oficina situada:
Casa da Xuventude - Praza do
Matadoiro s/n - Santiago de Compostela - Tlf.: 902 121 052
- www.rix.org
|

| Campos
de traballo do servicio de voluntariado internacional |
A
través dos organismos de xuventude, en Galicia a Dirección
xeral de Xuventude, pódese participar nos campos de traballo
no extranxeiro do SVI. Estes campos de traballo non están
retribuidos económicamente, sendo os gastos do desplazamento
ata o lugar de realización por parte do interesado, e os
de aloxamento e manutención a cargo da asociación
que organiza o campo.
En
canto os límites de idade para poder participar varía
segundo o campo, e van dos 18 os 26-30 anos.

|
| OUTROS |
Tes
outras posibilidades para realizar tarefas de voluntariado, así,
podes participar en campos de traballo de entidades como o SCI,
ou Rempart. podes informarte na nosa oficina.

|
VOLUNTARIADO
SOCIAL
LEXISLACIÓN
|
|
Lexislación
europea:
Decisión Nº 1031/2000/CE
do parlamento europeo e do consello de 13 abril de 2000 que
establece o programa de acción comunitario "Juventud"
Lexislación
estatal.
Lei 6/1996, do 15 de xaneiro, do voluntariado
( B.O.E. nº 15, do 17 de xaneiro)
Lexislación
autonómica.
Lei 3/2000, do 22 decembro, do voluntariado
de Galicia ( D.O.G. nº 250, do 28 de decembro)
Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios
sociais (D.O.G. nº 76, do 23 de abril) concretamente
o capítulo segundo do título carto(entidades
e organizacións de voluntariado), e a disposición
adicional segunda (carta do voluntariado).

|
|