RUTAS

 

“A ESENCIA DE A CORUÑA”

Empezamos na praza do Obelisco, no centro da cidade, onde podemos observar a buliciosa vida heculina ó pasear polas calles Real e Rego de Auga, as máis tradicionalmente vinculadas ó comercio, que desembocan na praza de María Pita, na que se atopa a Casa Consistorial, de estilo modernista.

Desde esta praza somerxémonos na cidade vella, onde podemos atopar vestixios da máis singular historia coruñesa: a igrexa de Santiago, románica do s. XII, a praza de Azcárraga, a Colexiata de Santa María, moi próxima ó Museo de Arte Sacro; ou a praza e convento de Santa Bárbara, que forman un conxunto de singular beleza. Antes de abandonar a cidade vella, aproximámonos ó Xardín de San Carlos, ó lado do Museo Militar e da Fundación Luís Seoane, parque romántico moi agradable nun antigo bastión de defensa que alberga a tumba do Xeneral Moore, morto na batalla de Elviña de 1809. É un bo mirados sobre a cidade.

Deixamos a zona antiga de A Coruña achegándonos ós Xardíns da Real Maestranza, con antigos canóns de defensa da cidade, e onde temos unha notable vista ó dique de Barrié da Maza, á excepcional arquitectura da Torre de Control Marítimo e o Castelo de San Antón. Dende aquí, baixamos ó paseo Marítimo e neste mesmo punto podemos coller o Tranvía Turístico cara a Torre de Hércules. É un percorrido dunha gran beleza, pois ofrécenos panorámicas da ruda costa aberta ó Atlántico. Sería aconsellable baixar na parada máis próxima ó faro romano, visitalo, así como o entorno e incluso o edificio da vella cárcere, e seguir camiño polo paseo ata o Aquarium Finisterre, ó que se recomenda unha visita, tanto polo contido como pola paisaxe mariña que nos permite contemplar.

Continuamos ata a praia do Orzán [ben dando un agradable paseo, ben subíndonos de novo ó tranvía], desde onde faremos a pé o paseo ata o estadio de fútbol de Riazor, auténtico templo deportivo para os coruñeses, coa boa marcha do seu equipo nos últimos anos. Dende este lugar existe moi boa visibilidade ó lonxe da Torre de do Obelisco Millenium.

Desde aquí, volvemos cara a Avenida de Rubine, a praza de Pontevedra e a calle Juan Flórez, na que se poden observar varios edificios modernistas e aproveitar a variada oferta comercial para comprar algún recordo da cidade. Dende esta calle vamos cara a praza de Ourense pasando primeiro pola singular e recentemente renovada praza de abastos da praza de Lugo. Dende aquí saímos ós Cantóns de Méndez Núñez, unha das áreas máis clásicas e coñecidas da cidade, e poderemos descansar nos xardíns do parque unha vez rematado ó percorrido. Se aínda temos gañas de camiñar máis, podemos achegarnos e visitar, nas proximidades, as exposicións das fundacións Barrié de la Maza e a de Caixa Gacliia, na que o propio edificio é unha singular obra de arte contemporáneo, ou as do modernisa Kiosko Alfonso.


Tarxeta de visita á cidade

CORUÑA CARD. Permite acceder gratuitamente á Torre de Hércules, o Museo Arqueolóxico, o Casino Atlántico e o Tranvía Turístico. Descontos nos museos científicos e en multitude de centros comerciais, hoteis, aluguer de automóviles, etc. A Súa validez é de 48 horas. Dúas modalidades: individual [7 €] e familiar [15€]. De venta nas oficinas de turismo de A Coruña, na praza de María Pita e na praza de Ourense.

Máis información: 981 184 344 ou en www.turismocoruna.com


Enlaces de interese:

www.coruna-virtual.com/rutas-turisiticas/1-20-20-0.htm
www.alacoruna.com