|
Castelo de San Antón. www.coruna.es/sananton
O castelo de San Antón foi edificado entre os séculos XVI e XVIII nunha pequena illa da bahía coruñesa co fin de defender a cidade de calquera ataque por mar. Construcción defensiva, cárcere e museo, a historia desta fortaleza foise escribindo paralela á da propia cidade, que encontra nela un símbolo de identidade.
Na actualidade nel atópase o Museo Arqueolóxico Provincial, contando con varias salas para coñecer a arqueoloxía galega e a historia da cidade.
|
|
Castro de Elviña
O Castro de Elviña é un poboado fortificado, característico da cultura castrexa do noroeste peninsular. Está situado na parroquia de San Vicenzo de Elviña, próximo o actual Campus de Elviña da Universidade de A Coruña.
O Castro está formado por varios recintos aterrazados, separados por murallas. Nalgúns dos seus tramos a muralla conservada ten unha anchura e altura superior ós catro metros.
No castro atopouse o famoso tesouro de Elviña [conservado no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón].
Existen visitas guiadas gratuítas para coñecer o castro. Teléfono de información: 981 189 850
|
|
Convento de Santo Domingo
Praza de Santo Domingo, 1
O convento gótico de Santo Tomás construíuse no século XIII fóra das murallas da cidade, sendo utilizado como fortaleza por Drake en 1589 durante o asedio da cidade e arrasándoo na súa fuxida. Felipe II da orde seis anos despois para que se reconstrúa dentro das murallas [1762-1786].
|
|
Convento de Santa Bárbara
Praza de Santa Bárbara, 5
O convento foi fundado polo Papa Alejandro VI, en 1494, no lugar onde tempo atrás existiu unha capela adicada a Santa Bárbara. O convento actualmente está habitado por monxas clarisas. [1613-1786]
|
|
Domus (casa do home).
Santa Teresa, 1. Tlf: 981 189 840. www.casaciencias.org/domus
É o primeiro museo interactivo dedicado ó ser humano. O edificio é obra de arquitecto xaponés Arata Isozaki e ten máis de 200 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.
|
|
Igrexa das Capuchinas
C/ Panaderas, 40
O templo consta dunha sola nave fragmentada en catro tramos e o falso cruceiro. A fachada debúxase con trazos potentes e consta dun só corpo dividido por catro pilastras. No corpo de coroación, aparece o escudo da orde Franciscana. No interior atópase un cadro de San Francisco atribuído por algúns a Zurbarán.
|
|
Igrexa de San Nicolas
C/ San Nicolás, 18
O templo de orixe medieval sufriu a mediados do século XVIII unha reedificación absoluta. O máis notable da súa arquitectura é a maior ornamentación interior. O maior desenvolvemento decorativo prodúcese sobre as portas laterais do prebisterio. [1704-1867]
|
|
Igrexa Santa María do Campo
Praza de Santa María
Trátase dunha pequena igrexa do século XII que se comezou a edificar en 1296 e ficou constituída en parroquia no 1302. O único vestixio que resta daquel pequeno templo inicial é a capela maior.
Levántase sobre unha escalinata e está precedida por un dos cruceiros máis antigos de Galcia. [sXV]. No seu interior as imaxes máis representativas son a Ascensión e maila talla de Santa María a Magdalena.
|
|
Igrexa de Santiago
C/ Parrote, 1
Templo ligado á historia da cidade, nos séculos XIV e XV o Consello de A Coruña acostumábase reunir no seu atrio. A igrexa está construída sobre a roca viva que aflora cara a calle Santiago. É interesante a súa colección de canzorros con figuras grotescas. [1550 ca-1690]
|
|
Obelisco
Cantón Grande, s/n
O obelisco é un dos monumentos máis populares da cidade de A Coruña. Foi levantado en memoria do Alcalde Aureliano Linares Rivas en 1895. Trátase dunha columna conmemorativa cóclida, xa que é oca e os mecanismos do seu reloxo con accesibles desde a base.
|
|
Obelisco Milenium
Paseo de Labañou
A altura total é de 50 metros. O exterior mostra 178 cristais de roca tratada a 800·, con 3mm de espesor cada una e un peso de 3 toneladas, en tanto que a estructura está composta dun esqueleto de aceiro de 2 toneladas. Nos 13 primeiros metros do monolito cóntase a historia en imaxes dos primeiros acontecementos e personaxes da vila Marineda.
|
|
Pazo Municipal
Praza de María Pita, 1. Tlf: 981 184 200
Edificio modernista construído entre os anos 1908 e 1912 que ocupa a fronte norte da Praza de María Pita. Atópanse nel diversas dependencias administrativas do Concello, o salón de plenos, os despachos do alcalde e dos concelleiros e o Museo do Reloxo.
Na súa planta conta con relevos na fronte dos asentos que relatan os feitos históricos máis importantes da cidade; e na sala de xuntanzas dos concelleiros destacan magníficas pinturas de artistas galegos.
Sobre a fachada hai unha lenda coa seguinte inscrición: “Moi nobre e moi leal cidade da Coruña, garda e chave, forza e antemural do Reino de Galicia”.
Horarios:
Inverno: [15 setembro ó 14 de xuño]
Luns a venres: 8.00 a 14.00
Sábados: 10.00 a 13.00 [Rexistro de garda]
Verán: [15 xuño ó 15 setembro]
Luns a venres: 8.00 a 13.00
Sábados: 10.00 a 13.00 [Rexistro de garda]
|
|
Paseo Marítimo
Despois das reformas realizadas nel, é dos máis longos de Europa. Comeza no Castelo de San Antón, segue a liña do porto, pasa xunto a Torre de Hércules e chega ata as praias de Orzán e Riazor. Unha volta case completa á cidade, que pode darse en algúns dos antigos e rehabilitados tranvías que funcionan dende fai xa algúns anos, e que lle confiren ó paseo un aire de tempo pasado.
|
|
Torre de Hércules
Situada ó norte da península coruñesa, a uns 1600 metros do centro da cidade. É o monumento máis antigo, ilustre e representativo de A Coruña e elemento principal do seu escudo, sendo o foro romano máis antigo que continúa funcionamento. Segundo a lenda, Hércules cortou a cabeza do tirano Gerión neste lugar e tras enterralo levantou a torre.
Hai que subir 242 chanzos a pé, pero queda compensado o esforzo pola magnífica panorámica existente aberta ó Atlántico, perfil costeiro, praias e núcleo urbano de A Coruña.
Un interesante conxunto de esculturas, recentemente inaugurado, completa unha das paraxes máis bonitas da cidade.
|
|
Xardíns de San Carlos
Declarado conxunto histórico artístico xunto coas murallas, o xardín de San Carlos presenta unha característica de xardín romántico. Antigamente, unha fortaleza, perdeu o seu interese defensivo para converterse nun xardín de uso público en 1834. Consérvanse as murallas que rodean o perímetro.
No centro do xardín atópase a tumba de Sir John Moore, xeneral inglés que perdeu á vida en defensa da cidade, contra as tropas francesas na famosa batalla de Elviña.
O edificio contiguo ós xardíns é a sede do Arquivo do Reino de Galicia, o máis importante arquivo histórico da comunidade.
|
|
Xardíns de Méndez Núñez
Enfronte dos Cantóns, atópanse os Xardíns de Méndez Núñez. Un paseo baixo as súas árbores, contemplando as súas fontes e os monumentos cidadáns máis ilustres, lévanos ó Kiosko Alfonso, contruído en 1817.
Exemplo de arquitectura barroca, convértese no escenario das mellores exposicións que veñen á cidade.
|
|
Monte de San Pedro
Representa un exemplo dunha grande área de ocio recuperada para a cidade. O parque comprende unha ampla extensión de territorio de accidentada topografía e vistas excepcionais sobre a cidade da Coruña, e unha ampla franxa de costa, que abarca dende o cabo de San Adrián e as illas Sisargas ó oeste, ata os cabos Prior e Prioriño ó noroeste.
De recente inauguración, actualmente no Monte de San Pedro atopamos un elevador panorámico, configurado como unha esfera con superficie totalmente de cristal. Permite unha visión óptima do privilexiado panorama que se pode contemplar dende o monte de San Pedro, abarcando gran parte da enseada do Orzán.
|
|
Parque de Santa Margarita
Está situado nunha céntrica loma que domina toda a cidade, é un dos parques de maior tamaño de A Coruña. Na súa parte máis elevada atópase a casa das Ciencias. No lado este, atópase o Palacio da Ópera.
Entre as súas instalacións destacan un parque infantil, un anfiteatro ó aire libre e bancos e mesas para merendas e comidas.
O último fin de semana do mes de agosto celébrase no seu entorno a Romaría de Santa Margarita.
|
|
Praza de Azcárraga
Pódese considerar como o corazón da Cidade Vella e como un dos lugares con máis encanto de toda a urbe. No centro da praza atópase a fonte do desexo, rodeada por xardíns inspirados no romanticismo inglés do século XVII.
|
|
Praza do Humor
Trátase dun pequeno e curioso recuncho que ten o chan decorado con caricaturas e obras dos mellores debuxantes humorísticos e de cómics. En dous dos bancos da praza están sentados os insignes Castelao e Álvaro Cunqueiro.
|