CASA DO HOME- DOMUS
Sta. Teresa, 1 15002 - A Coruña - Tel: 981 21
70 00 Fax: 981 22 89 34
http://www.casaciencias.org/domus
Horario: Luns a domingo de 10.00 a 19.00 h. Verán
(xullo e agosto): de 11:00 a 21:00 h. Cerra os días seguintes: Nadal,
Aninovo, Martes de Entroido, Mércores de Cinza.
Museo interactivo sobre o ser humano. Na fachada
que dá ó paseo marítimo atópase a estatua Soldado Romano de Fernando
Botero.
CASA DAS CIENCIAS
Parque Santa Margarita, s/n 15005 - A Coruña
- Tel.: 981 27 18 28 - 981 27 91 56 - Fax: 981 27 77 77
http://www.casaciencias.org/casa
Horario:
· Casa das Ciencias e Planetario: Inverno: Luns
a domingo, de 10:00 a 19:00 h. Verán (xullo e agosto): de 11:00 a
21:00 h. Cerra en Nadal, Aninovo, Martes de Entroido e Mércores de
Cinza.
·Biblioteca e Salón de actos: Luns a venres, de
10 a 13:30 y de 16:30 a 20 h. Cerran os meses de xullo e agosto.
O seu obxectivo principal é a educación científica
a través de exposicións, audiovisuais, actividades e servicios dirixidos
ó público de tódalas idades.
AQUARIUM FINISTERRAE- CASA DOS PEIXES
Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 34 (Paseo Marítimo - Zona Lagoas)
15002 - A Coruña. - Tel: 981 21 71 91
http://www.casaciencias.org/aquarium
Horario: Luns a domingo de 10.00 a 19.00 h. Verán
(xullo e agosto): de 11:00 a 21:00 h.
Forma parte da rede de museos municipais de carácter
científico. Dispón de varias piscinas con peces e outros animais acuáticos
mariños, con especial representación dos que habitan nas costas galegas.
MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA
Praza Zalaeta, s/n 15003 - A Coruña - Tel: 981
22 37 23
http://museobelasartescoruna.xunta.es
Horario: Martes- sábados de 10.00-20.00 h. Domingos
10.00- 14.00 h.
O novo edificio do museo foi construido polo arquitecto
Manuel Gallego no predio do antigo convento de Capuchinas. Os fondos
artísticos proceden na súa mayor parte do Estado e do Museo do Prado,
aínda que tamén outras institucións públicas e privadas, así como
numerosos particulares, contribuíron ó incremento das súas coleccións.
O proxecto museolóxico estructurou cronolóxicamente a súa colección
de pintura, escultura, gravado e cerámica e dedicou a última planta
ás distintas manifestacións da arte galega. Ademais, conserva unha
das escasas coleccións completas dos gravados de Goya.
CASA MUSEO DE EMILIA PARDO BAZÁN
Rúa Tabernas, 11 1500 - A Coruña - Tel: 981 20
73 08
http://www.acamfe.org
Horario: Luns-venres 9.00-14.00 e 16.00-19.00
h.
Aquí na casa onde vivíu Emilia Pardo Bazán, amósanse
pertenzas, mobles e recordos que pertenceron a esta xenial escritora
coruñesa.
MUSEO ARQUEOLÓXICO E HISTÓRICO
Castelo de San Antón Paseo do Parrote, s/n 15001
- A Coruña Tel: 981 20 59 94
http://www.ctv.es/USERS/sananton
Horario: Martes-sábados 10.00-19.30 h. Domingos
e festivos 10.00-14.30 h.
O Museo Arqueolóxico e Histórico recolle diferentes
aspectos da provincia, en especial da cidade. As coleccións máis interesantes
son as de ourivería prehistórica, Coruña romana, cultura castrexa,
idade do bronce e megalitismo. No patio exponse unha colección de
escultura medieval, e no interior do museo destaca a sala do Tesouro.
Ademais disto, conta cunha biblioteca especializada.
MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA UNIÓN FENOSA
Avenida de Arteixo, 171 15008 - A Coruña Tel:
981 17 87 00
http://www.macuf.es
Horario: Martes-sábados 10.00-14.00 e 17.00-20.00
h Domingos e festivos 10.00-1400 h.
O obxectivo principal do Museo de Arte Contemporánea
Unión FENOSA é mostra-la enorme diversidade creativa desta fin de
século. Aínda que dirixido preferentemente cara á arte nova, conta
con obras dos artistas máis importantes do século XX.
MUSEO DE ARTE SACRA DA COLEXIATA DE SANTA
MARÍA
Porta de Aires, 23 15001 - A Coruña Tel: 981
20 31 86
http://www.cgmuseos.org/colexiata.html
Horario: Martes-venres 9.00-14.00 e 17.00-19.00
h Sábados 10.00-13.00 h
Interesante colección monográfica de pezas de
ourivería relixiosa.
MUSEO MILITAR REXIONAL
Praza de Carlos I, s/n 15001 - A Coruña Tel:
981 20 67 91
http://www.ejercito.mde.es/ihycm/museo/coruna/index.html
Horario: Luns-sábados 10.00-14.00 e 16.00-19.00
h Domingos 10.00-14.00 h
Interesante colección de armamento e material
militar, bandeiras, uniformes, condecoracións, maquetas e outros obxectos.
MUSEO DE RELOXOS
Palacio Municipal - Praza María Pita, 1 15001
- A Coruña Tel: 981 18 42 00
Horario: Luns-venres 17.00-19.00h
Aquí expóñense reloxos
de diversas orixe e estilos.