Visita ao Campus da Coruña

Destinatarios e actividades

A visita ao campus da Coruña da Universidade da Coruña ten como destinatario o alumnado da ESO (de 3º e 4º), do Bacharelato e da Formación Profesional. Consta das actividades que se citan a seguir:

  • Sesión de benvida en que se presenta o Campus da Coruña e as actividades que se van desenvolver durante a visita. Tamén se entrega diverso material informativo
  • Visitas guiadas ás Escolas e Facultades do Campus da Coruña en que se fai un percorrido polas instalacións e en que se proporciona información sobre as titulacións (plans de estudo, perfil de ingreso, saídas profesionais, demostracións prácticas de actividades profesionais etc).

Obxectivos

Con esta actividade preténdese que o alumnado do ensino secundario:

  • Coñeza da man do profesorado e do alumnado universitario as titulacións de grao que se imparten no Campus da Coruña (perfil de ingreso, plans de estudo, saídas profesionais), así como as Escolas e Facultades.
  • Coñeza as transformacións que está a experimentar o ensino universitario por mor da implantación do Espazo Europeo de Educación Superior.

Período de preinscrición

Data de preincrición desde o día 18/02/2013 ata o día 15/04/2013

Data da visita

A visita desenvólvese en horario de mañá os venres desde 22/02/2013 ata o día 30/04/2013

Horario da visita

Entre as 09:00 h. ata as 13:30 horas

Percorrido por áreas

Percorrido xeral para a Área de Ciencias e Ciencias da Saúde

09:30h - 09:45h RECEPCIÓN ED. PAVILLÓN DE ESTUDANTES. BREVE PRESENTACIÓN DO SAPE
09:45h - 09:55h DESPRAZAMENTO. CAMPUS DA ZAPATEIRA
09:55h - 10:15h VISITA Á FACULTADE DE CIENCIAS
10:15h - 11:05h DESPRAZAMENTO. CAMPUS DE OZA
11:05h - 11:25h VISITA Á FACULTADE DE CIENCIAS DA SAÚDE
11:25h - 11:45h DESPRAZAMENTO
11:45h - 12:10h PAUSA
12:10h - 12:15h DESPRAZAMENTO
12:15h - 12:35h VISITA Á FACULTADE DE FISIOTERAPIA
12:35h FIN DA VISITA

Percorrido xeral para a Área de Ciencias Socias e Xurídicas

09:00h - 09:15h RECEPCIÓN ED. PAVILLÓN DE ESTUDANTES. BREVE PRESENTACIÓN DO SAPE
09:15h - 09:20h DESPRAZAMENTO
09:20h - 10:00h VISITA Á FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA
10:00h - 10:05h DESPRAZAMENTO
10:05h - 10:25h VISITA Á FACULTADE DE SOCIOLOXÍA
10:25h - 10:30h DESPRAZAMENTO
10:30h - 10:50h VISITA Á FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN
10:50h - 10:55h DESPRAZAMENTO
10:55h - 11:25h VISITA Á FACULTADE DE DEREITO
11:25h - 11:30h DESPRAZAMENTO
11:30h - 11:50h PAUSA
11:50h - 11:55h DESPRAZAMENTO
11:55h - 12:35h VISITA Á FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN
12:35h - 12:55h DESPRAZAMENTO AO CAMPUS DE BASTIAGUEIRO
12:55h - 13:15h VISITA Á FACULTADE DE CIENCIAS DO DEPORTE E DA EDUCACIÓN FÍSICA
13:15h FIN DA VISITA

Percorrido xeral para a Área de Enxeñaría e Arquitectura

10:00h - 10:15h RECEPCIÓN ED. PAVILLÓN DE ESTUDANTES. BREVE PRESENTACIÓN DO SAPE
10:15h - 10:20h DESPRAZAMENTO
10:20h - 10:40h VISITA Á FACULTADE DE INFORMÁTICA
10:40h - 10:45h DESPRAZAMENTO
10:45h - 11:05h VISITA Á ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENX. DE CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS
11:05h - 11:30h PAUSA
11:30h - 11:40h DESPRAZAMENTO. CAMPUS DA ZAPATEIRA
11:40h - 12:00h VISITA Á ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ARQUITECTURA
12:00h - 12:05h DESPRAZAMENTO
12:05h - 12:25h VISITA Á ESCOLA UNIVERSITARIA DE ARQUITECTURA TÉCNICA
12:25h - 13:00h DESPRAZAMENTO. CAMPUS DE RIAZOR
13:00h - 13:20h VISITA Á ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE NÁUTICA E MÁQUINAS
13:20h FIN DA VISITA

Percorrido xeral para a Área de Artes e Humanidades

10:30h - 10:45h RECEPCIÓN ED. PAVILLÓN DE ESTUDANTES. BREVE PRESENTACIÓN DO SAPE
10:45h - 10:50h DESPRAZAMENTO. CAMPUS DA ZAPATEIRA
10:50h - 11:30h VISITA Á FACULTADE DE FILOLOXÍA-PRESENTACIÓN FAC. HUMANIDADES (FERROL)
11:30h - 11:40h DESPRAZAMENTO. CAMPUS DE ELVIÑA
11:40h - 12:10h PAUSA
12:10h - 12:15h DESPRAZAMENTO
12:15h - 12:30h VISITA PISTAS POLIDEPORTIVAS
12:30h FIN DA VISITA

Formulario de preinscrición

Acceso ao formulario de preinscrición

Avaliación da visita

Acceso a avaliación da visita

Facultades, escolas universitarias/técnicas e titulacións do Campus da Coruña

Áreas Graos Facultades, Escolas Técnicas/ Universitarias Campus
Área de Ciencias e Ciencias da Saúde  Grao en Bioloxía  Facultade de Ciencias  Campus da Zapateira
 Grao en Química  Facultade de Ciencias  Campus da Zapateira
 Grao en Terapia Ocupacional  Facultade de Ciencias da Saúde  Campus de Oza
 Grao en Fisioterapia  Facultade de Fisioterapia  Campus de Oza
 Área de Ciencias Sociais e Xurídicas
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 Grao en Administración e Dirección de Empresas  Facultade de Economía e Empresa  Campus de Elviña
 Grao en Ciencias Empresariais  Facultade de Economía e Empresa  Campus de Elviña
 Grao en Economía  Facultade de Economía e Empresa  Campus de Elviña
 Grao en Turismo e o Grao en Ciencias Empresariais  Facultade de Economía e Empresa  Campus de Elviña
 Grao en Socioloxía  Facultade de Socioloxía  Campus de Elviña
 Grao en Comunicación Audiovisual  Facultade de Ciencias da Comunicación  Campus de Elviña
 Grao en Dereito  Facultade de Dereito  Campus de Elviña
 Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito  Facultade de Dereito  Campus de Elviña
 Grao en Educación Infantil  Facultade de Ciencias da Educación  Campus de Elviña
 Grao en Educación Primaria  Facultade de Ciencias da Educación  Campus de Elviña
 Grao en Educación Social  Facultade de Ciencias da Educación  Campus de Elviña
 Grao en Logopedia  Facultade de Ciencias da Educación  Campus de Elviña
 Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física

 Campus de Bastiagueiro
 Área de Enxeñaría e Arquitectura
 
 
 Grao en Arquitectura  Escola Técnica Superior de Arquitectura  Campus da Zapateira
 Grao en Enxeñaría Informática  Facultade de Informática  Campus de Elviña
 Grao en Enxeñaría de Edificación  Escola Universitaria de Arquitectura Técnica  Campus de Elviña
 Grao en Enxeñaría de Obras Públicas  Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos  Campus de Elviña
 Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil  Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos  Campus de Elviña
 Grao en Enxeñaría Marina  Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas  Campus de Riazor
 Grao en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo  Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas  Campus de Riazor
 Área de Artes e Humanidades
 
 
 Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios  Facultade de Filoloxía  Campus da Zapateira
 Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios  Facultade de Filoloxía  Campus da Zapateira
 Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios  Facultade de Filoloxía  Campus da Zapateira

Información e contacto

Casa do Francés
Campus da Zapateira
15071 A Coruña
Teléfono: 981 16 70 00 Ext.: 2900, 2915 e 2918
Fax.: 981 16 70 75
Correo electrónico: sape.difusion@udc.es


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000