Futuros estudantes

Futuros estudantes de grao

Información sobre o acceso e admisión ao Sistema Universitario Galego

Vídeo presentación UDC

Achégate á UDC

Destinatarios

A visita aos campus da Universidade da Coruña ten como destinatario o alumnado da ESO (de 3º e 4º), do bacharelato e da formación profesional.

Obxectivos

Con estas actividades preténdese que o futuro alumnado universitario coñeza da man do profesorado e do alumnado os títulos de grao que se imparten na Universidade da Coruña.

Período de solicitude

A data de solicitude de Visita o teu Campus para o curso 2017/2018 será desde o día 13/11/2017 ata o día 23/03/2018.

Visita o teu campus
A UDC visita os centros
  • Charlas xenéricas: Dirixidas fundamentalmente ao alumnado de 2º de bacharelato e de ciclos grao superior , aínda que tamén pode asistir o alumnado de 1º interesado.

    Temática destas charlas:
  • ABAU (acceso, admisión, preinscripción, matrícula).
  • EEES.
  • Bolsas e axudas para alumnado que inicie estudos universitarios (MECD, Xunta e as propias da UDC).
  • Graos da UDC (os que son únicos no SUG, simultaneidade de graos, oferta de graos internacionais e oferta de graos con docencia con o 40% en inglés)
  • Charlas informativas sobre as titulacións universitarias.

  • Charlas de divulgación científica.

Aqueles centros que desexen acoller unha destas actividades, poden solicitalo cunha antelación de dúas semanas no enderezo electrónico (sape.difusion@udc.es).

Oferta académica

Actividades de extensión universitaria

Residencias