Estudos de grao e titulacións a extinguir
Estudos de Posgrao
Mobilidade
Alumnado estranxeiro
Prácticas e Investigación
Enlaces de interese

BOLSAS DENTRO DE PRAZO PARA ESTUDOS DE POSGRAO


UNIVERSIDADE DA CORUÑA. FACULTADE DE HUMANIDADES. BOLSAS DE COLABORACIÓN NA EXPOSICIÓN NACIONAL DA CONSTRUCCIÓN NAVAL DE FERROL.
Obxecto: formación teórica e práctica mediante a realización de actividades de apoio á Exposición Nacional da Construcción Naval.
Prazo de presentación de solicitudes: ata antes das 14:00 horas do día 25 de marzo de 2011.
Lugar: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza, 9 - A Coruña), no Rexistro Auxiliar da Coruña (Casa do Lagar. Campus de Elviña) ou no Rexistro da vicerreitoría do Campus de Ferrol (Rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n Esteiro - Ferrol).
Máis información: ver convocatoria.
Fonte: Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante. (SAPE).

MINISTERIO DE EDUCACIÓN. PRÉSTAMO UNIVERSITARIO.
Destinatarios: estudantes universitarios de Mestrados ou Doctorado.
Prazo: ata o día 31 de marzo de 2011.
Cartaz informativo: ver aquí.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2010/12/18/pdfs/BOE-A-2010-19475.pdf

MINISTERIO DE CULTURA. MUSEO NACIONAL DO PRADO. CONVOCATORIA DE 8 BOLSAS DE FORMACIÓN DE ESPECIALISTAS.
Obxecto: completar a formación de futuros especialistas e fomentar a investigación nas diferentes Áreas do Museo do Prado.
Prazo: ata o día 22 de marzo de 2011.
Fonte: BOE do 2 de marzo de 2011.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2011/03/02/pdfs/BOE-A-2011-4020.pdf

RESOLUCIÓN DE 11 DE FEBREIRO DE 2011, DO INSTITUTO DE ASTROFÍSICA DE CANARIAS, POLA QUE SE PUBLICA A CONVOCATORIA DE AXUDAS DO PROGRAMA DE BECAS PREDOUTORAIS PARA A FORMACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR, NO MARCO DO PROGRAMA DE FORMACIÓN DE ASTROFÍSICOS RESIDENTES
Obxecto, finalidade e destinatarios: Regular a convocatoria correspondente a 2011 para a concesión, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, de axudas para a formación no ámbito científico e técnico, polo fomento e promoción de actividades vinculadas á investigación científica, ó desenvolvemento tecnolóxico e á innovación, daqueles titulados superiores que desexen realizar unha tese doutoral asociada ó programa de “Astrofísicos Residentes del IAC”.
Dotación de Axudas: Dependendo do ano: ver convocatoria.
Prazo de presentación: Un mes a contar dende o día seguinte á publicación da convocatoria no B.O.E.
Máis información: no B.O.E: nº 50 do 28 de febreiro de 2011 e na seguinte ligazón: http://www.boe.es/boe/dias/2011/02/28/pdfs/BOE-A-2011-3869.pdf

MINISTERIO DE CIENCIA E INNOVACIÓN. INSTITUTO NACIONAL DE INVESTIGACIÓN, TECNOLOXÍA AGRARIA E ALIMENTARIA. CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A FORMACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR (SUBPROGRAMA FPI-MICINN).
Obxecto:
1). Subprograma de Formación de persoal investigador do Ministerio de Ciencia e Innovación (Subprograma FPI-MICINN): concesión dun máximo de 1000 axudas para a formación de persoal investigador (FPI) en centros de I+D daqueles titulados universitarios que desexen realizar unha tese doutoral asociada a un proxecto de I+D concreto financiado polo Plan Nacional de I+D+i.
2). Subprograma de Formación de persoal investigador en agroalimentación nos centros de investigacón INIA-CCAA (subprograma FPI-INIA): concesión dun máximo de 50 axudas a titulados universitarios que desexen realizar unha tese doutoral asociada aos temas específicos identificados polo Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria.
Prazos de presentación de solicitudes:
1. Subprograma FPI-MICINN.
a). Axudas para a formación de persoal investigador do 7 ata o 21 de febreiro de 2011.
b). Axudas para a realización de estancias breves noutros centros de I+D do 15 ata o 29 de setembro de 2011.
c). Axudas para matrículas dos programas de doutorado do 15 ao 29 de setembro de 2011.
2. Subprograma FPI-INIA do 9 ata o 23 de marzo de 2011.
Fonte: BOE do 5 de febreiro de 2011.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2011/02/05/pdfs/BOE-A-2011-2275.pdf

MINISTERIO DE EDUCACIÓN. PRÉSTAMOS UNIVERSITARIOS PARA A REALIZACIÓN DE ESTUDOS DE POSGRADO DE MESTRADO OU DOUTORAMENTO.
Obxecto: concesión de préstamos a longo prazo ligados a unha renta futura para finaciación das ensinanzas universitarias de mestrado ou doutorado.
Contías: un pago inicial de 6000 euros. No caso de mestrados dunha duración superior a un ano académico e nos doutorados podrá finaciarse un segundo pago inicial para o comeno do segundo ano académico co límite de outros 6000 euros e unha renta mensual de ata 800 euros por cada mes de duración cun límite máximo de 21 meses.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de marzo de 2011.
Máis información: ver convocatoria. http://www.boe.es/boe/dias/2010/12/18/pdfs/BOE-A-2010-19475.pdf Fonte: BOE do sábado 18 de decembro de 2010.




Enlace a bolsas fóra de prazo para posgrao