X Feira de asociacións de estudantes da UDC.

Con sorteo de agasallos entre o estudantado asistente

O próximo día 14 de novembro tera lugar a X Feira de Asociacións de Estudantes na entrada da Facultade de Economía e Empresa en horario de 10:00 a 19:00 horas.

Nesta feira teredes a posibilidade de coñecer as actividades que realizan as diferentes asociacións de estudantes da UDC. Ao remate haberá un sorteo de agasallos entre o alumnado que visite a todos os stands das asociacións participantes.

Os agasallos serán tablets, suadoiros e USBs.

Esperamos a vosa asistencia!

Cartel X Feira de Asociacións