Foro Xuventude en Movemento

7 e 8 de novembro de 2017

Fai Futuro!
Participa na 6ª edición de Foro Xuventude en Movemento!

Foro-Xuventude-en-Movemento-polo-Emprego 

 

 

 

 

 

 

 Data: 7 e 8 de novembro de 2017

Sede: Facultade de Economía e Empresa, Campus de Elviña, Universidade da Coruña

Organizadores: Universidade da Coruña (UDC) e Europe Direct A Coruña

Obxectivo: O principal obxectivo é informar ás persoas mozas sobre as diferentes ferramentas e programas que poden utilizar para mellorar as súas habilidades, coñecementos e oportunidades de emprego.

O Foro permitirá ás persoas mozas obter información sobre vivir, estudar e traballar na Unión Europea, e sobre emprendemento, para poder mellorar as súas habilidades cara ao emprego.

Destinatarios/as: estudantes universitarios/as, titulados/as universitarios/as, persoas interesadas en incrementar as súas habilidades de comunicación, persoas interesadas en estudar e/ou desenvolver a súa profesión noutro país da Unión Europea e aquelas persoas emprendedoras que desexen poñer en marcha o seu proxecto empresarial.

Créditos: A asistencia e participación nas actividades do Foro Xuventude en Movemento enmarcarase no plano de formación do estudantado para a mellora da empregabilidade e darán lugar ao recoñecemento de 1 crédito para os Títulos de Grao, sempre que se cumplan as seguintes condicións: Estar debidamente inscrito/a nas actividades e asistir a un mínimo de 3 bloques completos do programa (para a solicitude non se pode empregar un bloque que se utilice para pedir créditos por outras actividades).


Inscrición de balde: Dende o 17 de outubro ata o 6 de novembro ás 14:00h.

Programa e inscrición: www.xuventudeenmovemento.eu


Para as persoas que estean a cursar estudos no Campus de Ferrol estará habilitada a aula de audiovisuais situada no Edificio de Apoio ao Estudo para poder seguir o Foro por videoconferencia.


SAPE-EmpregoUDC
emprego.vepeu@udc.es
Tfno.: 981167000
Ext: 3618, 3617, 3616, 2916, 2903, 2901Organizadores_Foro_Xuventude