Que é RSS

que é RSS

RSS é parte da familia dos formatos XML desenvolvido especificamente para sitios de novas e weblogs que se actualizan con frecuencia, e por medio do cal pódese compartir a información e usala noutros sitios web ou programas. Isto é coñecido como sindicación.

O acrónimo úsase para os seguintes estándares:

  • Rich Site Summary (RSS 0.91)
  • RDF Site Summary (RSS 0.9 and 1.0)
  • Really Simple Syndication (RSS 2.0)

Os programas que len e presentan fontes RSS de diferentes procedencias denomínanse agregadores.

Grazas aos agregadores ou lectores de feeds (programas ou sitios que permiten ler fontes RSS) pódense obter resumos de todos os sitios de novas que se desexe desde o escritorio do sistema operativo, programas de correo electrónico ou por medio de aplicacións web que funcionan como agregadores. Non é necesario abrir o navegador e visitar decenas de webs.

Pero o verdadeiramente importante é que a partir deste formato estase a desenvolver unha cadea de valor nova no sector dos contidos que está cambiando as formas de relación coa información tanto dos profesionais e empresas do sector como dos usuarios.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal