Hai varios xeitos de visualizar
contido RSS, pero a máis efectiva é mediante un
programa lector ou agregador RSS instalado no
PC e configurado para que lea as fontes RSS desexadas.
Hai varios tipos de lectores
RSS, algúns intégranse con outros programas (como
navegador web ou cliente de correo) e outros son independentes.
Habitualmente permanecen residentes en memoria e consultan periodicamente
se hai contidos novos nas fontes RSS ás que están
subscritos. Amosan unha icona á beira do reloxo na barra
de tarefas de Windows que cambia de aspecto cando hai titulares
sen ler, e adoitan amosar unha ventá emerxente para avisar
o usuario de que hai información nova.
Os
máis elaborados utilizan unha interface similar á
dun cliente de correo electrónico. Amosan varios paneis,
un coa lista de fontes de novas que se poden clasificar en carpetas,
outro cunha lista de titulares da fonte seleccionada en que se
resaltan os que aínda non foron lidos polo usuario, e un
terceiro en que aparece a descrición da nova.
Hai
moitos programas lectores ou agregadores de novas que soportan
RSS, de balde e de pago, para multitude de plataformas (Windows,
Linux, Mac, etc.). Algúns dos máis interesantes
son:
- FeedReader
de código aberto, para Windows, lixeiro, eficiente e dispoñible
en español. Recomendado polo CATA.
- SharpReader
para Windows, necesita plataforma
.NET 1.1. Moitas posibilidades, de balde, só en inglés.
- RssOwl:
Multiplataforma (Java), de código aberto e dispoñible
en español. Está en desenvolvemento e faltan algunhas
características importantes; no momento de escribir estas
liñas, por exemplo, non presenta contido HTML no corpo
das novas.
- AmphetaDesk:
(Windows, Macintosh, Linux) Inglés, utiliza un navegador
web para amosar a información.
- Mozilla
Firefox, é un excelente navegador web que
entre as súas características inclúe a integración
de fontes RSS nos marcadores, os chamados "marcadores vivos".
Cando se visita unha páxina web que dispón de fontes
RSS compatibles con esta característica de Firefox, este
amosa a seguinte imaxe á dereita da barra de estado:
.
Facendo clic nesta icona aparece un menú contextual que
permite subscribirse ás fontes dispoñibles no sitio.
Tamén é posible subscribirse a calquera fonte RSS
manualmente, no menú "Marcadores" -> "Administrar
Marcadores" - > "Engadir Marcador"
- Sage
é unha extensión de Mozilla Firefox para visualizar
RSS cunha funcionalidade máis elaborada que a básica
do navegador. Permite ver todos os resumos das novas dunha fonte
dunha vez, nunha páxina HTML que xera dinamicamente.