RSS é
parte da familia dos formatos XML desenvolvido especificamente
para sitios de novas e weblogs que se actualizan con
frecuencia, e por medio do cal pódese compartir a información
e usala noutros sitios web ou programas. Isto é coñecido
como sindicación.
O
acrónimo úsase para os seguintes estándares:
- Rich Site Summary (RSS 0.91)
- RDF Site Summary (RSS 0.9 and 1.0)
- Really Simple Syndication (RSS 2.0)
Os programas que len e presentan
fontes RSS de diferentes procedencias denomínanse agregadores.
Grazas aos agregadores ou
lectores de feeds (programas ou sitios que permiten ler
fontes RSS) pódense obter resumos de todos os sitios de
novas que se desexe desde o escritorio do sistema operativo, programas
de correo electrónico ou por medio de aplicacións
web que funcionan como agregadores. Non é necesario abrir
o navegador e visitar decenas de webs.
Pero o verdadeiramente importante
é que a partir deste formato estase a desenvolver unha
cadea de valor nova no sector dos contidos que está cambiando
as formas de relación coa información tanto dos
profesionais e empresas do sector como dos usuarios.