Máis de 650 persoas inscribíronse nesta edición, na que preto de 300 participantes asistiron activamente ás distintas actividades desenvolvidas nos campus da Coruña e Ferrol
O programa incorporou novos talleres de emprego e emprendemento con metodoloxías prácticas e contidos adaptados aos retos actuais, como a intelixencia artificial ou o uso profesional das redes sociais
O programa rematará o vindeiro 6 de maio cunha visita ás instalacións de Oracle en Madrid
A Coruña, 30 de abril de 2026
O programa Emprega-T da Universidade da Coruña volveu consolidarse nesta edición como unha iniciativa de referencia para mellorar a empregabilidade e fomentar o emprendemento entre o estudantado universitario. A proposta acadou máis de 650 persoas inscritas e contou con preto de 300 asistentes con participación activa nas diferentes actividades programadas ao longo das últimas semanas.
Ao longo das distintas sesións, Emprega-T contou coa colaboración de entidades de referencia que contribuíron a ofrecer unha visión práctica, actualizada e conectada coa realidade do mercado laboral e do ecosistema emprendedor.
Como principal novidade desta edición, o programa incorporou novos obradoiros de emprego e emprendemento impartidos por entidades especializadas, caracterizados por metodoloxías máis dinámicas e participativas, así como por contidos adaptados aos desafíos actuais. Entre eles, abordáronse cuestións como a intelixencia artificial, o uso profesional das redes sociais ou as novas competencias demandadas polas empresas.
Ademais, púxose un especial énfase no desenvolvemento de competencias transversais —como o traballo en equipo, a comunicación, a adaptabilidade ou a resolución de problemas— como elemento diferenciador para favorecer a inserción laboral e facilitar a integración do estudantado en contornas profesionais diversas.
Outra das liñas estratéxicas desta edición foi o reforzo da conexión entre o estudantado e o tecido empresarial da contorna, mediante redes de contacto, acceso a recursos e visitas a empresas e institucións de referencia.
Entre estas actividades destacaron as visitas ao grupo INTAF; á Cidade das TIC, tanto ao Centro de Servizos Avanzados —onde empresas como Altia, Cinfo, Enxenio, ITG, Kelea, Odeene e Squirrel Media desenvolveron distintas dinámicas co alumnado participante— como ao Coruña Estudo Inmersivo; e ao Centro Municipal de Empresas do Concello da Coruña.
O programa culminará o vindeiro 6 de maio cunha visita ás instalacións da empresa Oracle en Madrid, que incluirá unha xornada de networking, sesións sobre o papel dos datos na intelixencia artificial, orientación sobre o traballo en multinacionais tecnolóxicas e espazos de mentoring.
No marco desta colaboración, acadouse ademais un acordo con Oracle para ofrecer ao estudantado certificacións especializadas, que serán anunciadas proximamente a toda a comunidade universitaria.
Emprega-T conta co patrocinio da Xunta de Galicia ao abeiro do Convenio coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para realizar actuacións de difusión, promoción e apoio ao emprendemento dentro do programa de actividades do Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego.
Así mesmo, participan nesta iniciativa a Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, xunto con entidades como a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Asociación de Emprendedores/as de Galicia, WeKCo, o grupo INTAF, Altia, Nunsys Group-Inycom e Oracle España.
A clausura do programa tivo lugar onte mércores nos campus da Coruña e Ferrol, coa participación da vicerreitora de Estudantes e Empregabilidade. Durante o acto, o estudantado puido asistir tamén a unha charla da Delegación do Goberno en Galicia, centrada nas ferramentas dixitais da administración pública dispoñibles, como o certificado dixital no móbil ou a Carpeta Cidadá.
Unha mostra do compromiso da UDC coa preparación do estudantado para os desafíos do mercado laboral actual, facilitando tanto a inserción laboral como o impulso do emprendemento e o autoemprego.
Un estudo publicado recentemente no “Journal of Cleaner Production” por persoal investigador do CITENI e o CITEEC propón un modelo innovador para analizar de forma conxunta a sustentabilidade dos distintos tipos de vehículos, tendo en conta os seus impactos económicos, sociais e ambientais
A Coruña, 29 de abril de 2026
Un equipo de investigación vinculado ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña (UDC) publicou un novo estudo que propón un modelo innovador para avaliar a sustentabilidade global dos vehículos automóbiles con distintos sistemas de propulsión.
O traballo, titulado “New probabilistic multi-criteria model for assessing the integral sustainability of private cars with different propulsion systems” (en galego, “Novo modelo probabilístico multicriterio para avaliar a sostibilidade integral de automóbiles privados con diferentes sistemas de propulsión”), está asinado por Juan José Cartelle (CITENI), Jesús Cardenal (Campus Industrial de Ferrol), M.ª Pilar de la Cruz (Campus Industrial de Ferrol) e Alfredo del Caño (CITEEC) e foi publicado no Journal of Cleaner Production, revista científica editada por Elsevier e unha das publicacións de maior impacto internacional (Q1, IF: 10.0) no ámbito da sustentabilidade.
Un reto clave na mobilidade actual
O estudo enmárcase no debate actual sobre que tecnoloxías de propulsión son realmente máis sostibles, nun contexto no que a comparación entre opcións como o vehículo eléctrico, o híbrido ou o convencional segue xerando controversia. Fronte a esta dificultade, o equipo propón unha ferramenta que permite analizar de forma conxunta os tres grandes piares da sostibilidade de cada tipo de vehículo: o económico, o social e o medioambiental.
O modelo apóiase na metodoloxía multicriterio de toma de decisións do modelo integrado de valor para avaliacións sostibles (MIVES), xa que permite avaliar e integrar distintos indicadores –como custos, impactos medioambientais ou aspectos relacionados coa seguridade, o confort ou o propio uso do automóbil– nun único índice global de sostibilidade. Ademais, incorpora simulacións de tipo Montecarlo, unha técnica que permite considerar a incerteza e a variabilidade nos datos do modelo, xerando distintos escenarios reais, como diferentes padróns de condución, custos de enerxía ou condicións de utilización do vehículo.
Desta forma, a análise non ofrece un único resultado pechado, senón un abano de posibles desempeños para cada tecnoloxía, o que permite obter unha visión máis completa, flexible e realista da súa sostibilidade en distintos contextos.
Aplicación a dous casos de estudo
O modelo foi aplicado a dous casos de estudo. No primeiro, o equipo investigador analizou catro vehículos comerciais, o que permitiu comprobar a utilidade do modelo á hora de comparar vehículos concretos tanto no seu conxunto como nos seus distintos aspectos de sostibilidade. No segundo, a análise amplíase ao conxunto das tecnoloxías –vehículos híbridos non enchufables (HEV), híbridos enchufables (PHEV), eléctricos (EV) e convencionais– mediante simulacións probabilísticas. Este enfoque permite observar tendencias xerais e avaliar o comportamento de cada tecnoloxía en distintos escenarios.
Ningunha tecnoloxía destaca de xeito absoluto
Unha das principais conclusións do estudo é que non existe unha tecnoloxía claramente dominante en termos de sostibilidade global.
Os vehículos eléctricos tenden a destacar na dimensión económica, favorecidos polos menores custos fixos, de mantemento, reparación e consumo de enerxía, mentres que os híbridos enchufables presentan os peores resultados neste ámbito. En cambio, na dimensión social, que fai referencia á seguridade, a experiencia de uso do vehículo (autonomía, facilidade de recarga ou flexibilidade nos desprazamentos) ou mesmo aspectos socio-psicolóxicos como a imaxe de marca, os PHEV ocupan a primeira posición e os eléctricos quedan no último lugar, penalizados fundamentalmente por factores como a autonomía ou a dispoñibilidade de puntos de recarga.
No plano ambiental, que mide o impacto do vehículo sobre o medio, os resultados dependen en gran medida do enfoque e o alcance utilizados, polo que é posible considerar catro submodelos distintos. Segundo cal se aplique, a clasificación pode variar, o que pon de relevo a importancia de considerar todas as etapas do ciclo de vida do vehículo –desde a súa fabricación ata o seu uso e final de vida– e de incorporar un maior número de indicadores para obter unha avaliación máis completa e equilibrada.
Máis alá do automóbil
O estudo subliña a necesidade de avanzar cara a metodoloxías máis completas e homoxéneas que permitan avaliar de forma rigorosa a sustentabilidade do automóbil. Neste sentido, o modelo desenvolvido polo equipo do CITENI e o CITEEC exponse como unha ferramenta útil tanto para a investigación como para a toma de decisións en políticas públicas.
Ademais, o seu carácter flexible permite incorporar novas tecnoloxías, como o hidróxeno ou os combustibles sintéticos, así como novos indicadores a medida que se dispoña de máis información.
Referencia: https://doi.org/10.1016/j.jclepro.2026.147902
Foto: O equipo investigador autor do estudo publicado en Journal of Cleaner Production. De esquerda a dereita: Alfredo del Caño (CITEEC), M.ª Pilar de la Cruz (Campus Industrial), Juan José Cartelle (CITENI) e Jesús Cardenal (Campus Industrial).
O órgano de Goberno da Universidade da Coruña deu o visto e prace na reunión desta mañá, ademais, ao manual para a avaliación da actividade docente do profesorado, así como á renovación e novas propostas de títulos propios
O Consello aprobou tamén a tramitación dun convenio de cooperación coa Deputación Provincial da Coruña e deu coñecemento das táboas de ponderación da PAU 2027
A Coruña, 28 de abril de 2026
O Consello de Goberno da Universidade da Coruña aprobou esta mañá o calendario académico para o próximo curso, que dará comezo o luns, día 7 de setembro de 2026.
As actividades docentes distribuiranse en dous períodos lectivos. O primeiro cuadrimestre, que será desde o 7 de setembro ata o 18 de decembro de 2026, e o segundo, que se desenvolverá entre o 25 de xaneiro e o 14 de maio de 2027.
No que respecta aos períodos de avaliación, o estudantado de grao e máster terá dereito a dúas oportunidades, quedando o calendario organizado en catro períodos para a realización de exames e avaliacións. Así, as probas do primeiro cuadrimestre levaranse a cabo entre o 7 e o 22 de xaneiro de 2027, mentres que para as materias do segundo cuadrimestre e as anuais, as avaliacións desenvolveranse do 18 de maio ao 4 de xuño de 2027. A segunda oportunidade para o alumnado que necesite repetir exames será do 17 de xuño ao 9 de xullo de 2027. E xa por último, a entrega de actas de Traballos de Fin de Grao (TGF), Traballos de Fin de Máster (TFM) e prácticas terá como data límite o 30 de setembro de 2027.
Períodos non lectivos
As actividades académicas docentes e de avaliación interromperase desde o 21 de decembro de 2026 ata o 6 de xaneiro de 2027 (ambos incluídos), polo descanso de Nadal; os días 8 e 9 de febreiro de 2027, polo Entroido; e desde o 22 ao 29 de marzo de 2027, coincidindo coa Semana Santa. Ademais, non será lectivo todo o mes de agosto. A maiores, terá carácter festivo o día 29 de xaneiro de 2027 pola festividade do Día da Universidade, así como os días das festas oficiais do Estado, da Comunidade Autónoma de Galicia e das cidades onde estea cada centro (A Coruña, Ferrol e Oleiros).
Calidade docente e titulacións propias
Na reunión desta mañá deuse tamén o visto e prace do “Manual para a avaliación da actividade docente do profesorado da UDC”, en resposta aos requirimentos da LOSU e en liña co Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).
No que respecta á proposta de títulos propios, aprobouse a posta en marcha dun novo máster.  O Máster de Formación Permanente Cortizo-UDC en Fachadas Lixeiras de Vidro, unha formación especializada no deseño, cálculo, fabricación e instalación de envolventes lixeiras.
Convenio único coa Deputación da Coruña
Na sesión de hoxe deuse tamén o visto e prace para a sinatura dun convenio coa Deputación da Coruña para o desenvolvemento de diferentes liñas de actuación centradas no fomento da sustentabilidade e o compromiso coa loita contra o cambio climático; de fomento da equidade, a igualdade e a xustiza social e de divulgación científica e cultural.
Baremación da PAU 2027
Outro dos puntos do día foi a toma de coñecemento das táboas de ponderacións PAU 2027 e da admisión e matrícula en aquelas titulacións con límite de prazas nas universidades do SUG nas convocatorias ordinaria e extraordinaria do curso 2026/2027.
Do 10 ao 14 de agosto celebraranse o “New Frontiers in Cosmology”, que contará con referentes nesta área científica e o “Third Solar MHF Conference”, centrado na Física Solar
A Universidade da Coruña organizará tamén diversas actividades divulgativas ao longo dos próximos meses dirixidas a público xeral
A Coruña, 28 de abril de 2026
A Universidade da Coruña acollerá do 10 ao 14 de agosto dous congresos internacionais, o Third Solar MHD Conference e o New Frontiers in Cosmology, coincidindo co fenómeno da eclipse. Dúas citas para especialistas na materia que contan coa colaboración da Universidade da Coruña.
Así, do 10 ao 14 de agosto de 2026, o Paraninfo da UDC convertirase na sede dun encontro internacional de cosmoloxía, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley (Universidade de Berkeley, California), a Fundación Simons e a Universidade da Coruña. Durante esa semana daranse cita na Reitoría máis de 300 investigadores de primeira orde procedentes de países de todo o mundo.
Nun momento no que a cosmoloxía está a dar pasos importantes pola dispoñibilidade de grandes volumes de datos procedentes de experimentos punteiros como DESI, Euclid, Rubin, o Observatorio Simons e outros que están revolucionando este campo  da ciencia, esta conferencia servirá de plataforma para debater como as novas técnicas, especialmente na análise de datos mediante intelixencia artificial, poden levar a nosa comprensión cara a novos horizontes.
Nesas mesmas datas o Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC, no Campus de Elviña, acollerá a Third Solar MHD Conference, unha cita centrada na física solar cun enfoque práctico. A axenda da MHD Conference é especializada, cubrindo temas avanzados como as observacións de eclipses e coronais, o uso de machine learning e big data en física solar, así como modelos de plasma multifluido.
Un programa divulgativo para coñecer máis o noso ceo
En materia de divulgación, desde a Unidade de Divulgación Científica da UDC estanse a poñer en marcha varias iniciativas para ofrecer ao público non especializado diferentes claves que permitan entender mellor este fenómeno, así como recomendacións para ter unha boa visualización e desfrutar da experiencia con seguridade.
A primeira delas desenvolverase esta semana, coincidindo co feito de que de o día 30 de abril a posición do Sol será prácticamente a mesma que a prevista para o próximo 12 de agosto, co que será unha boa ocasión para testar os mellores puntos de visión. Neste caso trátase dunha actividade dirixida á comunidade universitaria que se fará no Planetario da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas. Así, o día 29 esta instalación acollerá a sesión “Navegando polas estrelas”, a cargo de Alsira Salgado e Ángel Arós.
Unha sesión que combinará a posta en valor o planetario como recurso científico e didáctico e a súa utilidade para comprender o ceo e a astronomía vinculada á navegación con explicacións científicas vencelladas ao eclipse do 12 de agosto incluindo as claves para a unha boa observación e as medidas de seguridade que se deberán adoptar para facelo de modo axeitado e responsable.
Xa por último, Xabier Pérez Couto (@astroxabi), investigador predoutoral no CITIC, membro do Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia Artificial (LIA2) e participante no proxecto Smart Data para unha análise multicolor da Vía Láctea en Gaia.UDC, será o encargado do obradoiro “Cando a Lúa apaga o Sol: a gran eclipse de 2026 na Coruña” que se celebrará no mes de xuño no MUNCYT.
O obradoiro combinará unha explicación divulgativa sobre a eclipse, en que se analizarán os intereses científicos asociados a este fenómeno, con orientacións para a súa observación segura.
A Coruña, 27 de abril de 2026
O profesor da Universidade da Coruña Miguel Pérez Fontán vén de ingresar como académico numerario de Nefroloxía na Real Academia de Medicina de Galicia, nun acto celebrado o venres, día 24 de abril, na sede da Academia. Con motivo do seu ingreso, o xefe de Nefroloxía do CHUAC ofreceu a conferencia “Cara a un cambio de paradigma na abordaxe da enfermidade renal crónica”.
Miguel Pérez Fontán, nacido en Ourense, fixo os seus estudos de Medicina na USC, tras o cal realizou o seu MIR en Nefroloxía no Hospital Universitario la Paz (Madrid). Máster en Investigación en Ciencias da Saúde pola Universidade Autónoma de Barcelona, é doutor en Medicina pola UDC.  Compatibiliza a súa labor docente na Facultade de Ciencias da Saúde da UDC coa de xefe do servizo de Nefroloxía no CHUAC.
É membro da Rede de Investigación renal “RedinRen Kidney Research Network” e forma parte de tres grupos de investigación: Diálise peritoneal da Sociedade Española de Nefroloxía; Enfermidades endocrinas, nutricionais e metabólicas e Envellecemento e Inflamación, ests dous últimos adscritos ao INIBIC-UDC.
Os principais campos de interese das súas investigacións céntranse no risco metabólico e cardiovsacular na enfermidade renal crónica e diálise; prevencións de infencións en diálise peritoneal, e disfunción precoz do trasplante renal.
Unha trintena de propostas participaron no Encontro Internacional de Xuventude Emprendedora, EIJE 2026, procedentes de nove centros de educación superior de España e Portugal.
Baixo o lema “Emprendemento xuvenil na era da transformación dixital, a IA e a industria 5.0”, predominaron os proxectos relacionados coa IA e deep tech, saúde e benestar, sustentabilidade e medio ambiente, plataformas b2b, produtividade e impacto social.
A Coruña, 27 de abril de 2026
O Encontro Internacional de Xuventude Emprendedora, EIJE 2026 tivo lugar na Coruña os días 23 e 24 de abril, reunindo estudantado universitario de España e Portugal nun foro centrado no emprendemento e na innovación. Ao longo do encontro, as persoas participantes presentaron as súas ideas de negocio, compartiron coñecemento e desenvolveron competencias clave para o seu futuro profesional.
Neste contexto, a Universidade da Coruña acadou un éxito especialmente salientable, ao obter dous dos premios principais do certame e unha mención de honra, consolidando o seu papel como referente no impulso do talento emprendedor.
Por unha banda, o Premio á mellor idea de negocio (gañadora absoluta) foi para “CNTEK”, un proxecto que propón un sensor sostible, eficaz e accesible para a detección de nanoplásticos na auga. A iniciativa, desenvolvida por Blanca Riveiro López e Daniel Maderuelo González, estudantes de cuarto curso do Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía da UDC, foi recoñecida cun premio de 500 euros.
Por outra, a UDC obtivo o Premio á mellor comunicación, por “Camiño Explorer UDC: o emprendemento como camiño de transformación”, un proxecto impulsado pola Unidade de Emprego da vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade, que foi distinguido cun premio de 250 euros.
Ademais, a universidade recibiu unha Mención de Honra na categoría de ideas de negocio por “Uno más en casa”, unha proposta de David Feijóo Villar, estudante do Programa de simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito da UDC, que promove a convivencia interxeracional como resposta á soidade das persoas maiores e ás dificultades de acceso á vivenda do estudantado universitario.
12 edicións dun encontro transfronteirizo
Preto de 200 persoas, entre alumnado e docentes dos centros de educación superior de España e Portugal, participaron nesta décimo segunda edición do EIJE, organizada pola Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC) e que contou coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello da Coruña.
O encontro é xa un evento consolidado do emprendemento universitario transfronteirizo, tendo participado ao longo destes12 anos máis de 3.000 estudantes.
A Coruña, 27 de abril de 2026
A Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC), a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo (UVIGO) veñen de acoller unha nova edición do certame AdaByron Galicia 2026, consolidado como unha das competicións de programación máis salientables para estudantes universitarios.
O evento reuniu a equipos de distintas universidades galegas nunha xornada marcada pola innovación, a resolución de problemas e o traballo en equipo. AdaByron, nacido na Comunidade de Madrid e aberto desde 2022 a outras universidades españolas, ten como obxectivo fomentar as habilidades de programación do alumnado e promover a súa participación en competicións internacionais como o ICPC (International Collegiate Programming Contest). Para iso, o concurso propón retos de distintos niveis de dificultade, accesibles tanto para estudantes de primeiro curso como para perfís máis avanzados.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC desempeñou un papel clave no desenvolvemento da competición, colaborando coa infraestrutura tecnolóxica. Grazas a un servidor do centro, a organización puido monitorizar en todo momento a evolución do certame mediante un xuíz virtual, encargado de avaliar automaticamente as solucións achegadas polos equipos participantes da Coruña con precisión e en tempo real.
Premiados
O equipo Riemann Haters 3.0, da Universidade de Vigo, alzouse como gañador do AdaByron Galicia 2026. Pola súa banda, o equipo S4nt4 C0mp4ñ4 da Universidade da Corulña, formado polos estudantes de segundo curso Isabel Villar García, Pedro Rey Anca e Daniel Gómez Lamigueiro, foi o vencedor na sede local.
Así mesmo, o equipo B300, composto por Hugo Domínguez Conde, Pablo Barreiro Cores e Adrián Fandiño Suárez, tamén da UDC, obtivo o primeiro posto na Modalidade A, dirixida a alumnado de primeiro ano.
Os mellores clasificados nesta fase autonómica terán a oportunidade de participar na final nacional de AdaByron, que se celebrará en xullo de 2026.
O certame reafirma así o seu compromiso coa promoción do talento emerxente no ámbito da programación e a enxeñería informática, fomentando o desenvolvemento de competencias clave nunha contorna competitiva, inclusiva e colaborativa.
Máis información sobre a edición deste ano: https://ada-byron.es/2026/reg/galicia/
Esta mostra, que se inaugurou o venres, permanecerá no espazo de intervención cultural da UDC ata o 15 de setembro
A Coruña, 27 de abril de 2026
O Espazo de intervención cultural NORMAL da UDC acollerá ata o 15 de setembro a exposición “A Coruña, porto negreiro”, unha mostra que propón unha revisión crítica da memoria colonial da cidade e ao seu papel no tráfico transatlántico de persoas escravizadas.
Esta mostra expositiva fai un percorrido pola memoria colonial coruñesa e convida a recoñecer as pegadas que este legado deixou na arquitectura, na economía e no imaxinario urbano, ao tempo que interpela sobre como estas herdanzas continúan condicionando o presente. A través de documentos, mapas e imaxes dos séculos XVIII e XIX, revela as conexións entre progreso e violencia, así como as relacións económicas, as rutas e os silencios que sustentaron as relacións coloniais e o crecemento das cidades.
O acto de inauguración contou cunha presentación do proxecto no marco do cal se desenvolve esta exposición “A Coruña entre memorias: historia, colonialismo e identidade”. A continuación tivo lugar unha actuación de repentismo poético liderada por Quinny Martínez e Las Tamboreras del Caribe, para percorrer posteriormente os contidos da mostra.
A iniciativa desenvolverase os días 27, 28 e 29 de abril de 2026 no Salón de Graos da Facultade de Turismo
O ciclo reunirá profesionais, responsables institucionais e especialistas para abordar cuestións clave como a comercialización turística, a gobernanza, a xestión hoteleira e o impacto das novas tecnoloxías
A asistencia estará aberta á comunidade universitaria e ao público interesado ata completar aforo
A Coruña, 26 de abril de 2026
A Facultade de Turismo da Universidade da Coruña celebrará, entre os días 27 e 29 de abril, unha nova edición de Turiciencia, un ciclo de conferencias e encontros profesionais que se consolida como un espazo de análise, diálogo e transferencia de coñecemento arredor do fenómeno turístico contemporáneo.
A actividade, organizada pola profesora da UDC e investigadora do Grupo de Estudos Territoriais (GEE) Iria Caamaño Franco, enmárcase na celebración do patrón da Facultade e propón unha aproximación ao turismo integrando perspectivas diversas, enfoques críticos e experiencias aplicadas que permitan reflexionar sobre os desafíos e transformacións do sector.
Durante os tres días que duran as xornadas, profesionais de referencia, responsables institucionais e expertos do sector compartirán coñecemento arredor de cuestións estratéxicas como a intermediación e a comercialización turística, a arquitectura institucional da taxa turística, a dirección e xestión de equipos no ámbito hoteleiro e o papel das novas tecnoloxías na creación de experiencias inmersivas vinculadas ao patrimonio.
O programa abrirase o luns 27 cunha mesa centrada na construción, venda e xestión das viaxes, na que participarán representantes de axencias, plataformas e empresas especializadas. Na mesma xornada abordarase tamén a gobernanza turística desde unha perspectiva institucional, a través dun diálogo sobre os modelos de decisión, recadación e xestión da taxa turística.
O martes 28 estará dedicado á dirección hoteleira e ao liderado de equipos, así como ás posibilidades que ofrecen as tecnoloxías inmersivas para a posta en valor do patrimonio e a innovación nas experiencias turísticas.
A programación concluirá o mércores 29 cun espazo de reflexión colectiva sobre o modelo de turismo que se quere construír, incorporando voces do ámbito académico e profesional. Ademais, celebrarase un acto de recoñecemento ao mérito do alumnado, reforzando o vínculo entre formación, excelencia e proxección futura.
Turiciencia consolídase como unha iniciativa de referencia, grazas á implicación do profesorado e á colaboración de profesionais e especialistas que contribúen, desde a súa experiencia, a fortalecer un ecosistema de coñecemento aberto, crítico e conectado coa realidade do sector.
A asistencia ás diferentes sesións desenvolverase no Salón de Graos da Facultade de Turismo e estará aberta á comunidade universitaria e ao público interesado ata completar capacidade.
Un estudo coordinado por persoal investigador da UDC destaca que o ecosistema Fintech en España se atopa en plena consolidación, caracterizado polo predominio de microempresas e por unha forte aposta pola innovación tecnolóxica como principal vantaxe competitiva.
O sector aposta maioritariamente por modelos de negocio orientados ao cliente final (B2C), combinados cunha presenza significativa de modelos B2B en colaboración coa banca, especialmente nos ámbitos dos medios de pago e dos servizos financeiros.
Ademais, a innovación Fintech contribúe á diversificación e democratización do acceso a servizos financeiros, aínda que, en contextos altamente bancarizados como o español, non implica necesariamente unha maior inclusión financeira.
A Coruña, 24 de abril de 2026
A Facultade de Economía e Empresa da UDC acolleu a presentación do informe “Fintech en España. Nuevos modelos de Negocio, innovación y finanzas inclusivas”, coordinado polos profesores Matilde Massó (UDC) e Carles Maixé (UDC) . Este traballo está enmarcado no proxecto “MONFIN: Money for Trasformation”, que integra a profesorado das Facultades de Economía e Empresa e de Socioloxía da Universidade da Coruña, ademais doutras institucións (Northumbria University, University of Leeds, Universidade de Lisboa, Cide-México).
O informe foi presentado nunca mesa redonda que contou coa participación de representantes do sector bancario (José Antonio Suárez Sánchez- Innova/Abanca), o ecosistema Fintech galego (David Conde- Coinscrap Finance) e o eido académico (Pablo de Andrés Alonso- UAM; Dolores Lagoa-UDC), seguido dun breve coloquio co público asistente.
O ecosistema Fintech en España consolidouse como un motor de innovación financeira nos últimos anos. Este estudo sinala que o sector experimentou unha rápida evolución nos últimos 15 anos, ocupando espazos estratéxicos deixados pola banca tradicional tras a crise financeira de 2008. Neste sentido, José Antonio Suárez, de ABANCA Innova, subliña que “as Fintech non deben entenderse como novos bancos, senón como solucións específicas —tanto en modelos B2B como B2C— que xorden para cubrir nichos concretos do mercado e responder a necesidades moi definidas dos usuarios”.
Un dos principais resultados é que a innovación no ámbito Fintech baséase fundamentalmente no desenvolvemento interno: o 91% das empresas analizadas crean os seus propios produtos e servizos. As tecnoloxías máis empregadas son o Big Data, as APIs e as plataformas dixitais, priorizadas polo 55% das firmas. Ademais, esta innovación non só é tecnolóxica, senón tamén organizativa, con impacto nos procesos produtivos (47%) e na relación directa coa clientela (39%).
Un tecido empresarial atomizado pero dinámico
O estudo pon de manifesto así mesmo que o sector está formado maioritariamente por empresas de pequeno tamaño: o 55,3% son microempresas (menos de 10 persoas traballadoras) e o 38,3% pequenas empresas. A pesar desta dimensión reducida, presentan unha elevada capacidade de adaptación, cunha estrutura financeira caracterizada pola liquidez e o apalancamento, orientados ao crecemento e á expansión máis que á rendibilidade inmediata.
A inclusión financeira, un reto aínda por resolver
A investigación amosa que a innovación Fintech está a contribuír a unha maior diversificación da oferta e, como afirma Pablo de Andrés, catedrático de finanzas na UAM, a unha certa democratización do acceso aos servizos financeiros que antes se limitaban a grandes patrimonios. Porén, en contextos altamente bancarizados como o español, esta expansión non se traduce necesariamente nunha maior inclusión financeira. Na práctica, os servizos continúan dirixíndose maioritariamente a perfís con alto dominio tecnolóxico e cun nivel medio-alto de cultura financeira, mentres que colectivos tradicionalmente vulnerables —como persoas inmigrantes ou en risco de pobreza— teñen unha presenza máis limitada. Neste sentido, o estudo subliña a necesidade de impulsar políticas públicas específicas que garantan que os procesos de dixitalización e innovación non deixen a ninguén atrás e contribúan a un acceso máis equitativo aos servizos financeiros.
Da competencia á colaboración coa banca
Outro dos aspectos máis salientables é a evolución da relación entre as Fintech e a banca tradicional cara a modelos de colaboración cada vez máis estreitos. Neste contexto, o 36% das empresas do sector mantén alianzas estratéxicas con entidades financeiras, que atopan nas Fintech unha vía áxil para innovar, desenvolver novos produtos e testar solucións nun contorno máis flexible. Neste sentido, David Conde, CEO da Fintech galega Coinscrap, sinala que “o desenvolvemento do ecosistema Fintech depende non só da capacidade de innovación, senón tamén do acceso a financiamento que permita escalar solucións e consolidar proxectos. O valor das Fintech reside en achegar innovación de forma áxil, complementando á banca tradicional e mellorando a experiencia do usuario a través de solucións máis personalizadas, pero tamén en contar cos recursos necesarios para transformar esas ideas en servizos reais con impacto”.
De cara ao futuro, o sector amosa unha visión optimista, identificando as principais oportunidades de crecemento nas plataformas dixitais e nos medios de pago, ámbitos que destacan pola súa maior resiliencia e pola súa capacidade de proxección internacional.