<![CDATA[UDC: RSS: Actualidade: PDI]]>https://www.udc.es/gl/rss/fontesRSS/especificas/rss_actualidade_pdi_persoal.htmlWed, 20 May 2026 13:29:38 +0200<![CDATA[ Residencia Betania de Viveiro (Lugo)]]>https://www.udc.es/gl/novas/Residencia-Betania-de-Viveiro-Lugo/https://www.udc.es/gl/novas/Residencia-Betania-de-Viveiro-Lugo/Wed, 20 May 2026 12:50:08 +0200<![CDATA[Un novo espectrómetro de masas permitirá identificar e cuantificar moléculas desde a UDC]]>
  • O CICA da Universidade da Coruña contará con este novo equipamento grazas a unha axuda do Ministerio de Ciencia, Investigación e Universidades
  • A adquisición desta infraestrutura reforza o enfoque One Health que vertebra a actividade investigadora do CICA
  • A Coruña, 20 de maio de 2026

    O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da Universidade da Coruña (CICA), a través dos Servizos de Apoio á Investigación (SAI), contará cun novo equipamento científico de última xeración tras a concesión dunha axuda do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades no marco da convocatoria 2025 de adquisición de equipamento científico-técnico do Programa Estatal para a investigación e o desenvolvemento experimental. O equipo instalarase no Edificio dos Servizos Centrais de Investigación (ESCI) da UDC, situado no Campus de Elviña e estará ao servizo de múltiples grupos de investigación do CICA.

    A infraestrutura concedida consiste nun espectrómetro de masas de alta resolución e masa exacta con ionización APCI, ESI y MALDI en modos positivo e negativo.

    Este novo equipamento permitirá identificar e cuantificar moléculas de pequeno e de gran tamaño en concentracións moi baixas, así como analizar mostras complexas con elevada fiabilidade. A súa incorporación suporá un salto cualitativo para a investigación desenvolvida no CICA en áreas como a biomedicina, a farmacoloxía, a análise ambiental ou os estudos de tecidos biolóxicos.

    Unha das características máis innovadoras do sistema é a tecnoloxía MALDI-Imaging, que posibilita visualizar a localización exacta das moléculas dentro dos tecidos analizados. Esta capacidade achega unha dimensión espacial ao estudo molecular, permitindo coñecer a distribución de biomoléculas en mostras biolóxicas.

    En termos sinxelos, o novo espectrómetro de masas permite “pesar moléculas” cunha precisión de ata a masa dun electrón. A partir desa información, o persoal investigador pode identificar substancias, coñecer a súa composición e estudar como interactúan en sistemas biolóxicos ou ambientais. Grazas á súa versatilidade, o equipamento poderá empregarse en proxectos moi diversos, desde o estudo da saúde humana ata a análise de ecosistemas mariños, alimentos ou contaminantes ambientais.

    A adquisición desta infraestrutura reforza ademais o enfoque One Health que vertebra a actividade investigadora do CICA, baseado na conexión entre saúde humana, animal e ambiental. O novo sistema facilitará investigacións interdisciplinares nas que comprender os mecanismos moleculares resulta clave para abordar retos globais relacionados coa saúde, a sustentabilidade e o medio ambiente.

    Sobre o CICA

    O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) creouse en 2015 como un centro de investigación de ciencias avanzadas e que, actualmente, conta con máis de 200 investigadores e investigadoras pertencentes a tres áreas científicas: Biomedicina; Alimentación, Contaminación e Saúde; e Nanociencia e Materiais Avanzados.  

    Desde 2024, o CICA conta co apoio financeiro da Unión Europea a través do Pograma Galicia FEDER 2021–2027 e forma parte da rede CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación no sistema universitario galego.   

     

    A excelencia investigadora, a transferencia tecnolóxica e a transmisión de coñecemento á sociedade forman os tres piares sobre os que se fundamenta o centro de investigación. É recoñecido pola atracción de talento, a visibilidade da muller científica e a promoción da igualdade de xénero, contando cunha presenza feminina superior ao 50%. 

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Un-novo-espectrometro-de-masas-permitira-identificar-e-cuantificar-moleculas-desde-a-UDC/https://www.udc.es/gl/novas/Un-novo-espectrometro-de-masas-permitira-identificar-e-cuantificar-moleculas-desde-a-UDC/
    Wed, 20 May 2026 09:12:36 +0200<![CDATA[CUAC FM]]>https://www.udc.es/gl/novas/CUAC-FM-00001/https://www.udc.es/gl/novas/CUAC-FM-00001/Wed, 20 May 2026 00:00:00 +0200<![CDATA[Conv. Contr. 2026/CP/094 CICA]]>Conv. Contr. 2026/CP/094 CICA Investigador/a contratado/a doutor/a Tempo completo

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Conv.-Contr.-2026-CP-094-CICA/https://www.udc.es/gl/novas/Conv.-Contr.-2026-CP-094-CICA/
    Wed, 20 May 2026 00:00:00 +0200<![CDATA[Conv. Contrat. 2026/CP/065 RVIT]]>Conv. Contrat. 2026/CP/065 RVIT

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Conv.-Contrat.-2026-CP-065-RVIT/https://www.udc.es/gl/novas/Conv.-Contrat.-2026-CP-065-RVIT/
    Wed, 20 May 2026 00:00:00 +0200<![CDATA[Conv. Contrat. 2026/CP/056 RVIT]]>Conv. Contrat. 2026/CP/056 RVIT

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Conv.-Contrat.-2026-CP-056-RVIT/https://www.udc.es/gl/novas/Conv.-Contrat.-2026-CP-056-RVIT/
    Wed, 20 May 2026 00:00:00 +0200<![CDATA[Conv. Contrat. 2026/CP/096 Facultade de Informática]]>Conv. Contrat. 2026/CP/096 Facultade de Informática Técnico/a de apoio á investigación Tempo completo

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Conv.-Contrat.-2026-CP-096-Facultade-de-Informatica/https://www.udc.es/gl/novas/Conv.-Contrat.-2026-CP-096-Facultade-de-Informatica/
    Wed, 20 May 2026 00:00:00 +0200<![CDATA[Conv. Contrat. 2026/CP/097 Facultade de Informática]]>Conv. Contrat. 2026/CP/097 Facultade de Informática Técnico/a de apoio á investigación Tempo completo

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Conv.-Contrat.-2026-CP-097-Facultade-de-Informatica/https://www.udc.es/gl/novas/Conv.-Contrat.-2026-CP-097-Facultade-de-Informatica/
    Wed, 20 May 2026 00:00:00 +0200<![CDATA[Conv. Contrat. 2026/CP/098 Facultade de Informática]]>Conv. Contrat. 2026/CP/098 Facultade de Informática Técnico/a de apoio á investigación Tempo completo

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Conv.-Contrat.-2026-CP-098-Facultade-de-Informatica/https://www.udc.es/gl/novas/Conv.-Contrat.-2026-CP-098-Facultade-de-Informatica/
    Wed, 20 May 2026 00:00:00 +0200<![CDATA[Convoc. contratación 2026/CP/068 Resolución provisional e acta de cualificacións]]>Convoc. contratación 2026/CP/068 Resolución provisional e acta de cualificacións

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Convoc.-contratacion-2026-CP-068-Resolucion-provisional-e-acta-de-cualificacions/https://www.udc.es/gl/novas/Convoc.-contratacion-2026-CP-068-Resolucion-provisional-e-acta-de-cualificacions/