Resolución de substitución de membros comisión selección praza 26/3001
Conv. contrat. 2026/CP/060 Resolución definitiva e acta de cualificacións
Resolución concurso praza 25/27009
Conv. contrat. 2026/CP/054 Resolución adxudicación VIT
Conv. contrat. 2026/CP/035 Resolución adxudicación VIT
TuriCiencia pecha a súa terceira edición destacando a xestión intelixente do turismo e o papel clave do alumnado
As xornadas TuriCiencia concluíron poñendo o foco nos principais retos do turismo actual, destacando a necesidade de avanzar cara a unha xestión máis intelixente e sostible dos destinos.
Durante o encontro, subliñouse o papel do Camiño de Santiago como eixo estruturante e motor de dinamización territorial, ao tempo que se incidiu na importancia de ir máis alá deste recurso para diversificar a oferta turística e canalizar a demanda cara a novos espazos e produtos.
As sesións tamén abordaron cuestións clave como a intermediación, a transformación dixital e o uso de datos, destacando, non obstante, que o verdadeiro valor diferencial do sector continúa residindo nas persoas e na súa capacidade para interpretar, crear e dar sentido ás experiencias turísticas.
Un dos eixos centrais foi o papel do alumnado como futuros profesionais, facendo fincapé na necesidade de perfís críticos, con iniciativa e capacidade de adaptación, capaces de cuestionar e mellorar os modelos actuais do sector.
Desde a organización destacouse que, máis alá dos contidos, estas xornadas deixan como legado reflexión, preguntas e novas perspectivas para seguir avanzando no ámbito turístico.
TuriCiencia pecha así a súa terceira edición, abrindo novas liñas de pensamento e traballo de cara ao futuro.
Máis de 650 persoas inscribíronse nesta edición, na que preto de 300 participantes asistiron activamente ás distintas actividades desenvolvidas nos campus da Coruña e Ferrol
O programa incorporou novos talleres de emprego e emprendemento con metodoloxías prácticas e contidos adaptados aos retos actuais, como a intelixencia artificial ou o uso profesional das redes sociais
O programa rematará o vindeiro 6 de maio cunha visita ás instalacións de Oracle en Madrid
A Coruña, 30 de abril de 2026
O programa Emprega-T da Universidade da Coruña volveu consolidarse nesta edición como unha iniciativa de referencia para mellorar a empregabilidade e fomentar o emprendemento entre o estudantado universitario. A proposta acadou máis de 650 persoas inscritas e contou con preto de 300 asistentes con participación activa nas diferentes actividades programadas ao longo das últimas semanas.
Ao longo das distintas sesións, Emprega-T contou coa colaboración de entidades de referencia que contribuíron a ofrecer unha visión práctica, actualizada e conectada coa realidade do mercado laboral e do ecosistema emprendedor.
Como principal novidade desta edición, o programa incorporou novos obradoiros de emprego e emprendemento impartidos por entidades especializadas, caracterizados por metodoloxías máis dinámicas e participativas, así como por contidos adaptados aos desafíos actuais. Entre eles, abordáronse cuestións como a intelixencia artificial, o uso profesional das redes sociais ou as novas competencias demandadas polas empresas.
Ademais, púxose un especial énfase no desenvolvemento de competencias transversais —como o traballo en equipo, a comunicación, a adaptabilidade ou a resolución de problemas— como elemento diferenciador para favorecer a inserción laboral e facilitar a integración do estudantado en contornas profesionais diversas.
Outra das liñas estratéxicas desta edición foi o reforzo da conexión entre o estudantado e o tecido empresarial da contorna, mediante redes de contacto, acceso a recursos e visitas a empresas e institucións de referencia.
Entre estas actividades destacaron as visitas ao grupo INTAF; á Cidade das TIC, tanto ao Centro de Servizos Avanzados —onde empresas como Altia, Cinfo, Enxenio, ITG, Kelea, Odeene e Squirrel Media desenvolveron distintas dinámicas co alumnado participante— como ao Coruña Estudo Inmersivo; e ao Centro Municipal de Empresas do Concello da Coruña.
O programa culminará o vindeiro 6 de maio cunha visita ás instalacións da empresa Oracle en Madrid, que incluirá unha xornada de networking, sesións sobre o papel dos datos na intelixencia artificial, orientación sobre o traballo en multinacionais tecnolóxicas e espazos de mentoring.
No marco desta colaboración, acadouse ademais un acordo con Oracle para ofrecer ao estudantado certificacións especializadas, que serán anunciadas proximamente a toda a comunidade universitaria.
Emprega-T conta co patrocinio da Xunta de Galicia ao abeiro do Convenio coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para realizar actuacións de difusión, promoción e apoio ao emprendemento dentro do programa de actividades do Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego.
Así mesmo, participan nesta iniciativa a Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, xunto con entidades como a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Asociación de Emprendedores/as de Galicia, WeKCo, o grupo INTAF, Altia, Nunsys Group-Inycom e Oracle España.
A clausura do programa tivo lugar onte mércores nos campus da Coruña e Ferrol, coa participación da vicerreitora de Estudantes e Empregabilidade. Durante o acto, o estudantado puido asistir tamén a unha charla da Delegación do Goberno en Galicia, centrada nas ferramentas dixitais da administración pública dispoñibles, como o certificado dixital no móbil ou a Carpeta Cidadá.
Unha mostra do compromiso da UDC coa preparación do estudantado para os desafíos do mercado laboral actual, facilitando tanto a inserción laboral como o impulso do emprendemento e o autoemprego.
A reunión da próxima comisión permantente terá lugar:
Venres, 29 de maio de 2026