O 17 de maio é o día elixido pola Real Academia da Lingua Galega para celebrar a nosa lingua, non só no ámbito literario, senón tamén noutros medios como poden ser a prensa, a radio, a televisión e mesmo as redes sociais.
Este ano 2026 o Día das Letras Galegas está dedicado a Begoña Caamaño. Xornalista de profesión e escritora por vocación, Caamaño definíase como unha "contadora de historias" que non concibía o seu oficio fóra do compromiso identitario. Como ela mesma afirmaba: “Non sabería nin querería escribir doutra maneira que desde o galego e desde o feminino; eu son muller, galega”.
Esta exposición é unha homenaxe á súa polifacética traxectoria como narradora, xornalista e activista.
Para afondar no seu legado, convidámoste a consultar a guía da exposición, onde atoparás unha coidada selección bibliográfica que inclúe as súas novelas, artigos e ensaios sobre o feminismo e os medios de comunicación. Esta escolma recolle títulos dispoñibles tanto nesta biblioteca como no resto de centros da UDC, xunto con recursos dixitais.
Letras Galegas 2026. Begoña Caamaño
Leer más publicaciones en Calaméo
O Claustro aprobou hoxe o informe de xestión 202,5 no que destaca a aprobación dos novos Estatutos, o impulso á investigación e á transferencia e a mellora das políticas de apoio ao estudantado, entre outros temas.
A Coruña, 15 de maio de 2026
O reitor da UDC levou hoxe ao Claustro o seu informe anual de xestión correspondente ao ano 2025, “un exercicio marcado por cambios na gobernanza institucional, polo fortalecemento da actividade investigadora e a súa proxección social”, subliñou Cao.
Un dos fitos principais de 2025 foi a aprobación dos novos Estatutos da UDC, adaptados á LOSU, que supoñen unha actualización profunda da estrutura organizativa e do modelo de gobernanza. Este novo marco reforza a participación democrática, incorpora novos colectivos á representación institucional e impulsa unha universidade máis transparente e responsable.
No ámbito docente, destacou o reitor, a UDC acadou case o 100 % de ocupación nos graos, cunha taxa media do 95,3 % e máis de 3.300 estudantes matriculados. Nos estudos de mestrado rexistráronse máis de 7.600 solicitudes, cunha ocupación do 81 %, o que evidencia unha alta demanda formativa.
Entre os avances destacados no eido académico, sitúase o acordo para a descentralización do Grao en Medicina, que permitirá impartir o segundo ciclo completo nas tres universidades públicas galegas no curso 2028-2029.
Investigación en crecemento e forte captación de fondos
A investigación mantivo unha evolución positiva, con especial mención no que respecta á captación de financiamento competitivo e na atracción de talento. Un eido no que acadou cifras destacadas en programas estatais, como Beatriz Galindo, cun 100 % de éxito (5 prazas obtidas), e un volume importante de financiamento internacional.
O ecosistema investigador da UDC abrangue máis de 900 persoas vinculadas a centros e conta con dous deles na Rede CIGUS (CITIC e CICA), consolidando unha estrutura científica competitiva á que se suman un centro colaborador CIGUS (o CITEEC), uns activos que se completan co Campus Industrial de Ferrol e o CITENI.
Apoio ao estudantado e elevada inserción laboral
A UDC seguiu a desenvolver políticas de apoio ao estudantado, coa concesión de máis de 170 axudas específicas para estudos de grao e máster; 58 axudas económicas, 95 bolsas de comedor e 72 bolsas de colaboración, que complementaron ás 4.475 bolsas estatais concedidades polo Ministerio de Educación.
Tamén se avanzou en mobilidade e vivenda, e se impulsáron programas de orientación nos que se chegou a máis de 7.000 estudantes potenciais.
No ámbito da empregabilidade, os datos confirman a fortaleza do sistema: 9 de cada 10 persoas egresadas na UDC atopan emprego no primeiro ano tras rematar os seus estudos.
Renovación e reforzo do persoal
En materia de persoal docente e investigador,  aprobouse a convocatoria de máis de 70 prazas en distintas figuras docentes e no eido do PTXAS, foi aprobada a a nova RPT.
Destaca tamén a consolidación do persoal contratado para tarefas de investigación, un colectivo que supera as 500 persoas e que conta agora cun marco laboral homologable ao resto da comunidade universitaria.
Cátedras e Cidade das TIC
No ámbito da transferencia de coñecemento, a universidade xestionou arredor de 245 contratos e convenios con empresas e institucións, mantivo activas 32 cátedras universidade‑empresa e a través do programa “UDC Conecta” realizáronse máis de 80 contactos.
O ano 2025 foi clave para a Cidade das TIC, coa sinatura dun convenio co Concello da Coruña que mobiliza máis de 11 millóns de euros para a rehabilitación de tres edificios cedidos á UDC.
Divulgación, igualdade e compromiso social
A actividade de divulgación científica mobilizou a máis de 250 persoas investigadoras, cunha participación maioritaria de mulleres e reforzou a visibilidade da UDC en iniciativas estatais.
No ámbito da equidade impulsáronse programas formativos, campañas de sensibilización e accións de benestar, incluíndo novas unidades, como a de Vida Saudable e o reforzo do apoio psicolóxico á comunidade universitaria.
Financiación e infraestruturas
O informe reflicte  tamén o esforzo realizado en rehabilitación e eficiencia enerxética, destacando a xestión de máis de 3,9 millóns de euros do Plan de Infraestruturas da Xunta de Galicia e actuacións clave do Plan PIRMEH. Unhas iniciativas que permitiron mellorar a accesibilidade e a sustentabilidade e humanizar espazos de convivencia universitaria.
Por último, fíxose referencia ao capítulo económico, no que se explicaron os pasos realizados para reverter o proceso de implantación do programa MUS de contabilidade e regresar ao Universitas XXI, e no que se volveu a poñer de manifesto a necesidade inaprazable de mellorar o financiamento estructural da universidade para acadar o equilibrio económico da institución.
Memoria da Valedora UDC
Pola súa banda, a Valedora da UDC informou dos casos rexistrados no pasado exercicio neste servizo, un total de 184. Do global, un total de 55 foron consultas, presentadas polos tres colectivos da UDC. A maioría corresponde ao estudantado, ao que segue o PDI e as persoas alleas a esta universidade.
En canto ás queixas, das 129 presentadas, a maioría, un 57 %, corresponden ao estudantado, seguidas novamente polo PDI cun 28 %, o PTXAS cun 7 % e as persoas alleas cun 6 %.
Tamén debemos contabilizar as queixas de oficio presentadas pola Valedora Universitaria, que supoñen un 2 %.
Se nos fixamos por área temática, a maioría das queixas teñen que ver con infraestruturas e funcionamento dos servizos, seguidas das de acceso, taxas e xestión académica. No relativo ás consultas, a maioría delas están na área de procedementos e recursos, seguidas das de exames e criterios de avaliación.
A Coruña, 15 de maio de 2026
O Auditorio CITEEC da UDC foi o escenario da análise dun dos desafíos máis urxentes do século XXI: o incremento dos fenómenos climáticos extremos e a necesidade de fortalecer estratexias de adaptación baseadas en evidencia científica.
Na xornada “Eventos Climáticos Extremos e Cambio Climático: Respostas para a Adaptación”, persoal investigador de diferentes países abordou o que constitúe actualmente unha das principais ameazas globais para os sistemas naturais e sociais: o cambio climático. Os seus impactos están a acelerar procesos de degradación ambiental e afectando á capacidade de adaptación das comunidades. En Europa, e particularmente en España, obsérvase un aumento na frecuencia e intensidade de eventos extremos como inundacións, secas, ondas de calor, tormentas severas e mareas de tempestade costeiras, o que esixe respostas coordinadas entre ciencia, política pública e planificación territorial.
Neste escenario o rol da academia é clave para estudar os efectos cada vez máis acelerados do cambio climático que están a transformar a dinámica ambiental, especialmente nas cidades costeiras, as cales enfrontan unha maior vulnerabilidade debido ao aumento do nivel do mar e a intensificación de fenómenos meteorolóxicos extremos. En Europa, rexión na que se centra este estudo, as cidades costeiras experimentan con maior frecuencia tormentas, inundacións, ondas de calor e secas, o que agrava problemas estruturais como a contaminación ambiental e a presión sobre os ecosistemas urbanos.
Eventos recentes evidencian esta tendencia.
As tormentas e inundacións rexistradas en febreiro de 2026 en Galicia e Andalucía provocaron miles de desprazamentos, con graves perdas en sectores como a agricultura e a pesca. Así mesmo, a DINA na Comunidade Valenciana (outubro de 2024) e as recorrentes ondas de calor en Andalucía e a Meseta reforzan a necesidade de avanzar en enfoques interdisciplinarios para comprender e xestionar o risco climático.
Aínda que a UE desenvolveu marcos estratéxicos relevantes como a Estratexia de Adaptación ao Cambio Climático (2021) e o Pacto Verde Europeo, expertos sinalan a existencia dunha fenda persistente entre os marcos normativos e a súa implementación efectiva en contextos de crise climática crecente. Neste contexto, a xornada internacional permitiu o intercambio científico orientado á integración de perspectivas desde a psicoloxía ambiental, a xeografía do risco, a planificación urbana, a sustentabilidade e as políticas públicas.
Desigualdade climática e vulnerabilidade socioeconómica
A investigación académica subliña que os efectos do cambio climático non son uniformes, senón que se distribúen de xeito asimétrico en función de factores territoriais, económicos e sociais, afectando con maior intensidade aos sectores primarios que dependen directamente da estabilidade dos ecosistemas. Neste sentido, procesos como a acidificación dos océanos e o aumento da temperatura da auga nas rías galegas están a alterar de forma significativa a produtividade primaria, con impactos directos sobre a pesca e os sistemas mariños locais.
De igual forma, no sector agrícola e vitivinícola, a pesar da percepción de “Galicia húmida”, o aumento da evapotranspiración real está a reducir a dispoñibilidade de auga en períodos críticos de cultivo, xerando novas tensións na xestión dos recursos hídricos e na sustentabilidade da produción. Finalmente, a literatura en psicoloxía social e socioloxía ambiental destaca que os pequenos produtores presentan unha menor capacidade de adaptación financeira e estrutural fronte a estes cambios. Esta evidencia converte a investigación académica nunha ferramenta non só analítica, senón tamén ética, fundamental para o deseño de políticas públicas de compensación, protección social e xustiza climática.
Un panel internacional fronte a desafíos locais
O encontro contou con expertos de traxectoria internacional. Entre os relatores, destacan Cameron Brick (Universidade de Ámsterdam); Robert Tobias (Universidade de Zúrich); Adrian Brugger (Universidade de Berna) e Fredy S. Monge (UDC), que analizaron como a sociedade percibe o risco e que factores impulsan a adaptación. No eido da xeomorfoloxía e riscos hídricos, participou Chris Skinner (York St John University), especialista en modelización de inundacións e, por último, os investigadores Ricardo García Mira e Rodrigo Lozano Ros, da UDC, ofreceron unha visión centrada na adaptación e na sostibilidade.
O acto institucional terá lugar o 22 de maio no Paraninfo da Reitoría e contará coa participación da Universidade Sénior da UDC, que este ano celebra o seu 25 aniversario
A UDC lanza a obra “De Esmelle a Ítaca”, unha reflexión sonre a pegada da xornalista homenaxeada
A Coruña, 15 de maio de 2025
A Universidade da Coruña celebrará o vindeiro venres, día 22 de maio, a partir das 11:00 horas no Paraninfo da Reitoría, o acto académico e cultural con motivo do Día das Letras Galegas 2026, dedicado este ano á escritora e xornalista Begoña Caamaño, que contará coa participación de Carme Pérez Sanjulián, Ana Romaní e Marga Romero.
A programación abrirase coa apertura institucional a cargo do reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, a vicerreitora de igualdade e Diversidade, Cristina López, e a vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deporte, Cristina Naya. A continuación, abrirá a xornada un relatorio de Ana Romaní sobre a figura da escritora homenaxeada este ano, no que se abordarán tanto o seu perfil biográfico como a súa traxectoria xornalística. Posteriormente, será a escritora Marga Romero, quen aborde a creación literaria de Caamaño a través dunha análise sobre o significado e a relevancia da súa obra.
O programa incluirá tamén o acto de entrega de premios do I Certame Literario da Universidade Senior “Fíos da memoria”, organizado con motivo do seu 25 aniversario para fomentar a creatividade literaria e visibilizar ao seu alumnado.
A homenaxe da UDC á xornalista galega complementarase coa presentación da publicación “De Esmelle a Ítaca”, unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica.
O libro realiza, da man destas dúas boas coñecedoras da obra de Caamaño, un diálogo crítico e creativo coa súa produción narrativa. Unha aposta afastada do enfoque conmemorativo convencional que propón unha lectura activa da obra da autora, coa que prolongar e actualizar as liñas teóricas e estéticas que a caracterizan e que a sitúan como unha figura central da literatura galega contemporánea.
Así, partindo das novelas “Morgana en Esmelle” e “Circe ou o pracer do azul”, o binomio Pedreira-Besteiros desenvolve cadansúa proposta ficcional con que dialogar directamente coa obra da autora homenaxeada. Ambas abordan cuestións centrais do seu pensamento literario, caso da reescritura feminista dos mitos artúrico e clásico, a subversión dos relatos patriarcais e a recuperación das voces femininas tradicionalmente silenciadas.
A Universidade súmase así á conmemoración dunha das figuras máis detacadas das letras galegas contemporáneas, recoñecida pola súa contribución á literatura e ao xornalismo en Galicia.
CURSO: Aloxamentos e Restauración I
ORGANIZADOR: Profesor Carlos Alberto Rivas Iglesias
DATA: 12-05-2025
LUGAR: Facultade de Turismo
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: O pasado martes día 12 de maio tivo lugar na Facultade de Turismo a presentación da Asociación Española de Directores de Hotel-Talento Joven polo seu actual presidente nacional, D. Nacho González Vázquez, que, ademais, explicou as accións que levará a cabo a mesma nos vindeiros meses.
Relación provisional de persoas admitidas e excluídas praza 26/5001
Convoc. contratación 2026/CP/047 Resolución definitiva e acta de cualificacións
Convoc. contratación 2026/CP/073 Resolución VIT