<![CDATA[UDC: RSS: Comunicación: Notas de prensa e comunicados institucionais]]>http://www.udc.es:80/rss/fontesRSS/especificas/rss_0070.htmlWed, 22 May 2013 18:10:00 +0200<![CDATA[A UDC terá unha residencia universitaria pública en Ferrol]]>A Coruña, 22 de maio de 2013.- A Universidade da Coruña disporá a partir do próximo curso da súa primeira residencia universitaria pública e estará habilitada no centro social Soutomaior, en Ferrol, tal e como adiantara o reitor, Xosé Luís Armesto, no pasado Claustro.

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, deu a coñecer esta mañá o peche do acordo no que se vén traballando desde hai meses entre a Universidade da Coruña, a Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol. Este acordo contempla o funcionamento como residencia universitaria do centro social Soutomaior e a reserva duns 60.000 metros cadrados de solo na parcela que ocupa o hospital Novoa Santos para a reorganización do campus universitario ferrolán. Segundo manifestou o reitor, a disposición deste espazo preto do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, CHUF, abre a posibilidade de reordenar as titulacións universitarias do campus departamental. Deste xeito, poderían concentrarse os graos da área de ciencias da saúde nese espazo e unificar no campus de Esteiro as titulacións de enxeñaría.

O acordo acadado entre o Concello de Ferrol, a Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña terá que ser ratificado no pleno extraordinario que terá lugar este mesmo venres. A Universidade da Coruña acometerá as obras de acondicionamento do centro social para convertelo en residencia universitaria en canto sexa posible para abrila aos estudantes o vindeiro curso.

]]>
http://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130522.html#Titlehttp://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130522.html
Tue, 21 May 2013 13:57:00 +0200<![CDATA[A UDC celebra a Biodiversidade coa construción dunha charca]]>A Coruña, 21 de maio de 2013.- Seguindo a programación da Primavera Ambiental, a Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organiza para as vindeiras semanas dúas actividades de voluntariado ecolóxico que se desenvolverán no Campus da Zapateira en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA).
A primeira delas celebrarase mañá mércores, 22 de maio, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Biodiversidade, e consistirá na construción dunha charca no monte da Fraga, o que favorece a recuperación das poboacións de diversas especies. A xornada iniciarase ás 10:30 horas coa charla titulada Charcas con vida, no salón de actos da Facultade de Ciencias, a cargo de Lucía Parente, educadora ambiental de ADEGA. Ás 11:30 horas dará comezo a xornada de traballo no monte da Fraga, que incluirá un xantar con produtos ecolóxicos e rematará ás 17:00 horas.
Con respecto á actividade do mércores 29 de maio, trátase dunha xornada de eliminación de flora exótica invasora, que comezará ás 10:30 horas cunha charla sobre especies exóticas invasoras no salón de actos da Facultade de Ciencias, a cargo de Ramses Pérez, educador ambiental de ADEGA. A xornada de eliminación comezará ás 11:30 horas e rematará ás 14:30 horas. Para participar nas xornadas é importante inscribirse no correo oma3@udc.es. Os interesados pódense anotar a unha ou ás dúas xornadas.

 

]]>
http://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130521b.html#Titlehttp://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130521b.html
Tue, 21 May 2013 13:27:00 +0200<![CDATA[Seminario sobre a Primavera Árabe na Facultade de Dereito]]>A Coruña, 21 de maio de 2013.- A Facultade de Dereito da Universidade da Coruña acollerá mañá mércores, 22 de maio, a partir das 10:00 horas, un seminario sobre a denominada Primavera Árabe, movemento de protestas populares iniciado en Tunisia en 2010, e recoñecido como un dos fenómenos máis interesantes da historia social e política contemporánea que se estendeu a varios países de África e de Oriente Próximo, culminando en tres deles no derrocamento dos gobernos que levaban moitos anos no poder. O obxectivo desta xornada, dirixida polo catedrático de Dereito Eclesiástico da UDC Juan Ferreiro Galguera, é tomar o pulso do momento en que se atopan estes procesos e os camiños cara a democracia. O seminario celébrase no marco do proxecto de investigación A primavera árabe: integración dos dereitos fundamentais e as relacións Igrexa-Estado nos procesos constituíntes das novas democracias, concedido este ano polo Ministerio de Economía e Competitividade, do que o profesor Juan Ferreiro é investigador principal.
Ás 10:00 horas terá lugar a presentación a cargo do director das xornadas e a continuación ofrecerá unha conferencia a profesora de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Granada Guadalupe Martínez, que falará sobre os Cambios nos Sistemas Políticos, con especial referencia a Tunisia. Ás 11:00 horas intervirá o profesor titular de Estudios Árabes da Universidade Autónoma de Madrid Walleed Saleeh, disertando sobre A primavera árabe e os cambios en Irak. Ás 11:45 horas o profesor Sayed Soheim, conselleiro cultural da Embaixada da RA de Exipto, falará sobre o fenómeno neste país e finalmente, o director do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria, Jesús Núñez Villaverde, falará sobre A primavera árabe en Libia.
 

]]>
http://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130521.html#Titlehttp://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130521.html
Mon, 20 May 2013 12:45:00 +0200<![CDATA[Conferencia na Facultade de Ciencias]]>A Coruña, 20 de maio de 2013.- O profesor da Universidade de Santiago de Compostela Xulio Maside ofrecerá mañá martes, 21 de maio, ás 13.00 horas, unha conferencia na Facultade de Ciencias, que leva por título Selección natural en Cryptosporidium: un protozoo parásito de grande prevalencia en humanos e outros vertebrados.
Esta conferencia, organizada pola Facultade de Ciencias en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, enmárcase no ciclo Ciencias en Galego, impulsado co obxectivo de potenciar a divulgación científica neste idioma.

 

]]>
http://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130520.html#Titlehttp://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130520.html
Thu, 16 May 2013 11:20:00 +0200<![CDATA[A Embaixada Británica premia a unha empresa participada pola UDC]]>A Embaixada Británica premia a unha empresa participada pola Universidade da Coruña e a Fundación Barrié e apoiará a súa expansión comercial en Reino Unido

• Torus Software Solutions, promovida e participada por membros do grupo de investigación GAC da Universidade da Coruña, pola Universidade da Coruña e pola Fundación Barrié, a través do seu Fondo de Ciencia, vén de acadar o premio da primeira edición do UKTI Spain Technology Competition.
• Torus Software Solutions é unha empresa de solucións de software no eido do denominado High Performance Computing, con aplicacións entre outros en sectores como o financieiro, o das telecomunicacións e a enerxía.


A Coruña, 16 de maio de 2013.- A empresa de base tecnolóxica da Universidade da Coruña, Torus Software Solutions, promovida e participada por membros do grupo de investigación GAC (Grupo de investigación en Arquitectura de Computadores) da Universidade da Coruña, pola propia Universidade da Coruña e pola Fundación Barrié, a través do seu Fondo de Ciencia, vén de acadar o premio da primeira edición do UKTI Spain Technology Competition, tal como anunciou a UK Trade & Investiment, organismo gobernamental británico de negocios e investimento, que convoca este galardón a través da Embaixada Británica. Esta distinción, a primeira que concede en España, permitiralles aos membros desta empresa recibir unha entrada para participar no evento máis significativo do seu sector en Reino Unido e desenvolver un programa de visitas a medida con contactos clave, o que suporá un impulso moi importante para a súa expansión comercial.
Torus Software Solutions é unha empresa de solucións de software no eido do denominado High Performance Computing, con aplicacións entre outros en sectores como o financeiro, o das telecomunicacións e a enerxía, da que o xurado do premio valorou o alto grao de innovación da súa tecnoloxía, o seu compromiso coa I+D+i e a súa clara estratexia de cara ao mercado británico e á súa internacionalización. A empresa, fundada no mes de abril deste ano, está participada pola Universidade da Coruña e a Fundación Barrié, así como polos investigadores da Universidade coruñesa Ramón Doallo Biempica, Juan Touriño Domínguez e Guillermo López Taboada. É o resultado das investigacións levadas a cabo polos promotores no campo das comunicacións de altas prestacións e do financiamento recibido da Fundación Barrié a través do Fondo de Ciencia, sendo esta empresa o primeiro resultado do citado Fondo, creado no ano 2011, para axudar a valorización e comercialización de tecnoloxías xeradas nas Universidades e Centros de investigación Galego.

 

UK Trade & Investiment (UKTI) é o organismo dependente do Goberno británico que ten como obxectivo axudar ás empresas constituídas en Reino Unido a prosperar na economía mundial. Tamén asiste ás empresas estranxeiras para realizar investimentos de alto nivel, ofrecendo coñecementos, experiencia e contactos a través da súa extensa rede de especialistas localizados tanto en Reino Unido como nas embaixadas británicas e demais centros diplomáticos distribuídos por todo o mundo. No caso de UKTI España, con oficinas en Madrid, Barcelona e Bilbao, proporciona servizos coordinados en todos os mercados clave do país, co fin de mellorar a competitividade das empresas británicas a través do comercio exterior con España. Neste obxectivo enmárcase esta convocatoria, aberta a todas as empresas tecnolóxicas españolas, co fin de promover o seu acceso á industria tecnolóxica británica e explorar novas oportunidades de negocio, na que resultou vencedora Torus Software.
O xurado estivo formado por Inmaculada Martínez, advisor partner de Opus Corporate Finance LLP e directora de Adigital; James Blakemore, consultor do JMB Partnership e Tony Hughes, especialista do UKTI. Este equipo de expertos destacou o alto nivel de participantes desta primeira edición.
A Fundación Barrié financia cinco proxectos de investigación, con millón e medio de euros do seu Fondo de Ciencia. O Fondo creouse en 2011 co triple obxectivo de promover a investigación de excelencia, trasladar os resultados científico-tecnolóxicos xerados no sistema de investigación á sociedade, e abrir a ciencia e o I+D público ó investimento privado. Para elo apoia a xeración de oportunidades de investimento baseadas en desenrolos científico-tecnolóxicos. Os outro catro proxectos desenvólvense en colaboración coa Universidade da Coruña, a Fundación Ramón Domínguez, a Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia-Gradiant de Vigo.

 


 

]]>
http://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130516.html#Titlehttp://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130516.html
Tue, 14 May 2013 14:25:00 +0200<![CDATA[Economía celebra o Día das Letras coa entrega dos premios de relatos]]>A Coruña, 14 de maio de 2013.- O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, presidirá o xoves, 16 de maio, o acto de entrega dos premios do II Concurso de relatos curtos, organizado pola Facultade de Economía e Empresa, e que este ano leva como tema a lingua e a empresa. O acto terá lugar na aula 2.11 da Facultade ás 10:00 horas e contará coa asistencia do decano, Anxo Calvo.
O primeiro premio, que vén de darse a coñecer hoxe, dotado con 600 euros, recaeu no alumno Manuel Gil Castro co traballo titulado “O lombeiro amarelo”; o xurado outorgou ademais dous accésit de 300 euros cada un para Damián Alonso Pardo, co relato “Morfoloxía da empresa” e para Alén Fernández Calo, polo traballo “A soas con Lola”.
O obxectivo deste concurso é promover o uso do galego entre o alumnado desta facultade. Así, no transcurso do acto de entrega dos premios, os gañadores lerán cadanseu relato breve. A entrega dos premios enmárcase dentro das celebracións da Facultade de Economía e Empresa do Día das Letras Galegas. Deste xeito, pecharase coa intervención do profesor do departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña Carlos Vizcaíno, quen fará unha semblanza de Roberto Vidal Bolaño.

Filoloxía e Ciencias da Educación
As celebracións do Día das Letras Galegas nos centros da Universidade da Coruña comezarán mañá, mércores, 15 de maio, na Facultade de Filoloxía ás 13:00 horas coa inauguración na súa Biblioteca da exposición dos fondos documentais (cartaces, folletos e prensa) do Arquivo-Teatral Francisco Pillado Maior e, a seguir, realizarase unha lectura colectiva de textos.
Na Facultade de Ciencias da Educación, as celebracións do Día das Letras Galegas serán o mércores, 22 de maio, ás 17:00 horas. Para esa hora está prevista unha mesa redonda con representantes de diversas asociacións culturais: Lucía Díaz, Zeltia Méndez, Iria López, Álvaro Pérez, María Castro e Abel Vale. A continuación, ás 18:30, haberá a actuación do grupo Ad Libidum que musicarán poemas do escritor baiés Enrique Labarta Pose.
 

]]>
http://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130514c.html#Titlehttp://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130514c.html
Tue, 14 May 2013 12:01:00 +0200<![CDATA[AllGenetics, nova empresa asociada á Universidade da Coruña]]>A Coruña, 14 de maio de 2013.- A compañía de base tecnolóxica AllGenetics vén de ser recoñecida pola Vicerreitoría de Investigación e Transferencia como 'empresa asociada á Universidade da Coruña, de acordo coas bases do Regulamento de creación e recoñecemento de empresas desta institución que contempla a participación da universidade en empresas baseadas no coñecemento e a transferencia de investigación. AllGenetics é o sexto proxecto que acada esta distinción, xunto con Avansig, Galebook, Goovent Tecnologies, Teimas Desenvolvemento e Trileuco Solutions, que foron nomeadas en 2011.
A UDC concede esta distinción a empresas participadas por membros da comunidade universitaria que teñan unha vinculación coa Universidade mediante colaboracións con ela e que fomenten o emprego universitario, a investigación e a transferencia.
AllGenetics foi fundada en 2011 polos investigadores Alejandra Perina e Joaquín Vierna, formados no Grupo de Investigación en Bioloxía Evolutiva da UDC e especialistas en xenética molecular. O labor desta compañía coruñesa céntrase na aplicación da xenética molecular en proxectos relacionados coa ecoloxía e a biodiversidade. No último ano, AllGenetics destacou pola súa internacionalización, realizando 15 proxectos de investigación para institucións e empresas de Dinamarca, Países Baixos, Alemaña, Portugal e España.
Entre os seus servizos e productos, AllGenetics aposta pola aplicación dunha serie de metodoloxías baseadas no secuenciamento e a análise bioinformática de certas rexións do xenoma, que permiten unha identificación rápida a nivel de especie de mostras biolóxicas simples ('DNA barcoding') ou complexas ('DNA metabarcoding'). Esta tecnoloxía introducirase proximamente como método de control ou de garantía de calidade en áreas como a ecotoxicoloxía, o control intelixente de pragas, o control aduaneiro de especies protexidas, ou o control da calidade dos ecosistemas, sendo esta compañía coruñesa un dos principais provedores destes servizos en Europa.
Máis información:
http://www.udc.es/otri/empresas_base_tecnoloxica/empresas_da_UDC/
 

]]>
http://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130514b.html#Titlehttp://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130514b.html
Tue, 14 May 2013 11:55:00 +0200<![CDATA[Obradoiro de niños para morcegos na Primavera Ambiental da UDC]]>A Coruña, 14 de maio de 2013.- A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade a Coruña acollerá mañá mércores, 15 de maio, unha nova actividade no marco da Primavera Ambiental da UDC. Trátase do Obradoiro de Caixas Niño para Morcegos, organizado pola Oficina de Medio Ambiente coa colaboración da asociación ecoloxista ADEGA.
A xornada comezará ás 16:30 horas cunha pequena charla informativa a cargo de Roberto Hermida, da Asociación Drosera, e a continuación terá lugar o obradoiro no Taller de Maquetas da Escola de Arquitectura. Unha vez elaboradas as caixas procederase a penduralas nas árbores do campus e realizarase un seguimento da súa evolución.
A asociación Drosera naceu co obxectivo de traballar desde unha perspectiva integradora na conservación do medio natural galego, partindo do enorme descoñecemento dos morcegos que existe aínda hoxe en Galicia, a súa importancia na dinámica dos ecosistemas e a vulnerabilidade das súas poboacións. Froito do traballo desenvolvido xurdiu o programa Morcegos de Galicia, que aglutina todas as iniciativas de investigación, conservación, divulgación e sensibilización que realiza a asociación. Ata o momento constatouse en Galicia a presenza de 23 especies diferentes de morcegos, para os que o refuxio resulta fundamental para garantir desde o coidado das crías ata a hibernación.

 

]]>
http://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130514.html#Titlehttp://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130514.html
Mon, 13 May 2013 14:22:00 +0200<![CDATA[Filoloxía convoca o Premio de tradución ao galego de textos científicos]]>A Coruña, 13 de maio de 2013.- A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, convoca o V Premio de Tradución ao Galego de Textos Científico-Técnicos, dirixido a todo o estudantado da Universidade da Coruña.
As modalidades de participación son catro: tradución directa do francés ao galego, tradución inversa do galego ao francés, tradución directa do inglés ao galego e tradución inversa do galego ao inglés. A data límite para a recepción dos traballos é o 31 de maio de 2013 e os gañadores ou gañadoras de cada modalidade recibirán un premio en metálico de 250 euros.
Para máis información, consúltese o texto da convocatoria
http://www.udc.es/filo/estudantes/convocatorias/2013_05_07_Convocatoria_V_Premio_Traducion.html
 

]]>
http://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130513b.html#Titlehttp://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130513b.html
Mon, 13 May 2013 14:17:00 +0200<![CDATA[Alejandro Sanmartín, estudante de CC do Deporte, campión de España de judo]]>A Coruña, 13 de maio de 2013.- O estudante do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Universidade de A Coruña e deportista do Clube de Judo Universidade da Coruña, Alejandro Sanmartín Carrera, proclamouse Campión de España absoluto en Madrid, despois de gañar na final a un dos judocas españois mais laureados internacionalmente neste deporte.
O seu adestrador e director do Clube, Eduardo Carballeira Fernández, tamén é Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e actualmente está a rematar a súa tese de doutoramento como estudante de terceiro ciclo na UDC. No seu palmarés como deportista figura a medalla de Bronce nun Campionato do Mundo de Judo Universitario representando á Universidade de A Coruña.
 

]]>
http://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130513.html#Titlehttp://www.udc.es:80/comunicacion/novas/2013/05/nota_prensa_20130513.html