|
AFORRO DE AUGA NA UDC
Algúns centros da UDC contan con cisternas de descarga interrompida, ou con outros sistemas aforradores de auga. Para información e concienciación sobre o seu uso correcto, iniciouse unha campaña de sinalización de cada un destes dispositivos mediante adhesivos para colocar en cada un destes equipamentos.
Máis información sobre sistemas aforradores: Sistemas de aforro de consumo de auga nas instalacións da UDC
PROXECTO RÍOS:
Aberto o prazo para inscribirse nas actividades de abril e maio.
En xaneiro de 2010 comezou no campus central da UDC un programa de voluntariado ambiental seguindo a metodoloxía do proxecto Ríos, coa que se busca coñecer, inspeccionar e avaliar a situación ambiental tanto dos ríos que transcorren polo espazo do campus como do entorno asociado a eles. Prestarase especial atención ao estudo da flora invasora no campus e ás fórmulas de custodia do territorio.
O proxecto contará con actividades que se desenvolverán dende xaneiro a maio de 2010, ás que progresivamente poderán incorporarse as persoas interesadas.
Poden apuntarse tanto persoas a nivel individual (estudantes, PDI e PAS) como grupos autoorganizados, incluíndo grupos de alumnos de materias relacionadas coa xestión da auga e os ríos, ou a xestión e a educación ambiental. Así mesmo, é posíbel a participación de persoas de fóra da UDC.
Lugar: |
|
campus central da UDC ((Elviña-A Zapateira) |
|
|
Datas: |
|
xaneiro-maio 2010 |
|
|
Máis información: |
|
Proxecto Ríos |
PROXECTO SOSTAUGA:
Baixo o título de "O uso sustentábel da auga e a súa relación co territorio
no Campus Universitario de Elviña da Universidade da Coruña", este proxecto
foi elaborado ao longo de 2008 co obxectivo de contarmos con información de
campo e identificar medidas e liñas de traballo para as futuras actuacións
en materia de uso da auga e o medio acuático, nomeadamente os ríos.
Coordinado por Juan Cagiao Villar, contou coa colaboración de Jesús Manuel
Giz Novo, María José Servia García, Elvira Sahuquillo Balbuena, Flavia
Piñeiro Ces, Manuel Soto Castiñeira e Xosé Lois Martínez Suárez.
Máis información: Proxecto Sostauga
|