REDES DISPOÑIBLES (SSID) E REQUIRIMENTOS

A rede eduroam está disponible para o PDI, PAS e PYC cun contrato en vigor e para o alumnado matriculado no curso académico actual.

Para poder conectarse á rede sen fíos é necesario dispor dunha conta no xestor de identidade corporativa da UDC. Neste portal ademais pode comprobar os servizos que ten activos. No caso de que aínda non dispoña de conta neste xestor de identidade, ten que rexistrarse nesta ligazón.

Se non dispón de conta ou non o ten activo este servizo, non poderá conectarse á rede sen fíos.

eduroam

Esta rede ofrece unha conectividade dun xeito seguro, seguindo as recomendacións de https://www.eduroam.org. Ademais permite aos usuarios que se despracen a outras institucións adheridas, dispor tamén de conectividade. É a opción recomendada.

Para conectarse a eduroam é necesario que o dispositivo (móbil, ordenador portátil) soporte as seguintes características:

  • Estándar IEEE802.11b/g e WPA2-AES.
  • Cliente 802.1X con soporte de EAP-TTLS con PAP ou PEAP con MSCHAPv2.

Para acceder á rede eduroam é necesario autenticarse co nome de usuario e contrasinal do xestor de identidade corporativo, seguido de @udc.es, tal como se indica a continuación:

usuario: nome.usuario@udc.es

contrasinal: xxxxxxxxx

Configuración de eduroam

udcportal

Esta rede permite unha conexión non segura. Só se recomenda usar esta opción se o seu dispositivo non se pode conectar a ningunha das redes anteriores ou cando é necesario para configurar eduroam.

udcportal está disponible para os usuarios/as que dispoñen de conta no xestor de identidade corporativa da UDC.

Para acceder a udcportal é necesario abrir un navegador web e intentar conectarse a calquera páxina, nese momento pediráselle autenticarse co nome de usuario e contrasinal do xestor de identidade corporativo.

Congresos

Esta rede permite aos organizadores de eventos ou congresos, que teñan lugar nos edificios da UDC, conexión a unha rede sen fíos especial para o citado acontecemento.

O servizo debe solicitarse por escrito, segundo o formulario de solicitude de servizos de rede,  cunha antelación de 15 días. No formulario indicarase a necesidade e o uso que se lle vai dar á rede sen fíos.

O Servizo de Informática e Comunicacións será o encargado de determinar os criterios de autenticación, de acceso e os contrasinais para o uso correcto da rede especial sen fíos.