Faq e problemas

A atención aos usuarios realízase mediante o seguinte enderezo de correo electrónico: udcwifi@udc.es e o Centro de Atención a Usuarios (CAU) do SIC na extensión 2222.

eduroam ES: http://foros.eduroam.es/topic/preguntas-frecuentemente-preguntadas-faq

Quero conectarme a eduroam, qué teño que facer?

Para poder conectarse a eduroam hai que ter unha conta no xestor de identidade corporativa da UDC. Neste portal pode comprobar os servizos que ten activos. No caso de que aínda non dispoña de conta neste xestor de identidade, ten que rexistrase nesta ligazón. Se non dispón de conta ou este servizo non o ten activo, non poderá conectarse nin a udcwifi nin a eduroam. O servizo está destinado a todo o persoal da UDC e ao alumnado matriculado no curso académico actual.

Teño que empregar os modos de configuración automática?

É a opción recomendada dado que é forma máis sinxela e segura de configurar a conexión á rede wifi eduroam, xa que só é necesario introducir o nome de usuario e contrasinal. Consiste nun ficheiro que se executa no dispositivo que contén a información parametrizada do modo de conexión. No caso de fallo, hai que empregar o modo de configuración manual.

É preciso actualizar á última versión de SecureW2 en sistemas Windows XP, Vista, 7?

Non. Queda a súa elección.

Se xa ten instalado o SecureW2 anteriormente e vostede pode conectar normalmente á rede sen fíos, daquela NON necesita actualizar.

As razóns para actualizar son as seguintes:

  1. O seu sistema móstralle erros durante la instalación de SecureW2, non permitíndolle instalar correctamente a aplicación. Nese caso, ACTUALICE á última versión SecureW2 dispoñible na nosa web.
  2. A súa plataforma está baseada en sistemas de 64 bits. Nese caso, ACTUALICE.  A última versión de SecureW2 dispoñible na nosa web, é COMPATIBLE con este tipo de sistemas.

SecureW2 é unha peza de software ca única misión de facer un intercambio seguro do seu username e o seu password  para poder ser validados no sistema. Polo tanto, aínda que de forma xeral, para calquera tipo de software, é conveniente utilizar as últimas versións, neste caso, as versións máis recentes de SecureW2 só arranxan problemas de compatibilidade co sistema operativo. Pero se vostede conecta ca rede sen fíos, daquela non ten problemas de compatibilidade entre o SecureW2 e o sistema operativo.

SecureW2 non inflúe de maneira algunha na cobertura de rede sen fíos. O grado de cobertura é algo que só depende das antenas da rede sen fíos e da calidade do seu dispositivo.

Se a pesar de todo, quere actualizar SecureW2 á última versión, é aconsellable desinstalar primeiro a versión actual que vostede teña.

Por que é tan complicado conectarse á rede sen fíos da universidade?

A rede sen fíos da universidade non é, nin pode ser, unha rede sen fíos como a que calquera pode ter na súa casa.
Na universidade, hase de dar un servizo á comunidade de forma que se aseguren todos os puntos seguintes.

  • Todos os usuarios que se conectan son membros da comunidade universitaria
  • Ningún usuario pode capturar e descodificar as comunicacións sen fíos que estea a realizar outro usuario
  • As conexións de todos os usuarios quedan rexistradas. Con iso pódense verificar problemas de conexión ou malos usos que ese usuario fixese da rede de datos
  • Para obter o acceso, pódese teclear a súa dirección de correo/contrasinal coa seguridade de que eses datos non van ser interceptados por outro usuario
  • Todos os usuarios da rede sen fíos da UDC poden conectarse a través das redes sen fíos doutras institucións Eduroam e, calquera usuario dunha institución Eduroam pode conectarse a través da rede sen fíos da UDC

A incorporación da rede sen fíos da UDC á iniciativa Eduroam tamén nos obriga a cumprir estes requisitos.

Finalmente, co uso dos modos de configuración automático, reducense de forma significativa o número de parámetros a configurar.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000