EDUROAM

Introdución

eduroam (educational roaming) é un servizo a nivel mundial para a mobilidade dos usuarios que pertencen a institucións académicas ou de investigación. Permite que tanto estudantes, investigadores, profesores e resto de persoal das citadas institucións teñan conectividade a Internet nas súas propias instalacións como no resto de institucións participantes. O resultado é que o usuario poderá conectarse a eduroam, e en consecuencia a Internet, desde calquera institución adherida, empregando as mesmas credenciais de acceso.

Ligazóns:

Usuarios de UDC que van a outra institución

Calquera usuario da UDC que se vaia trasladar a outra institución pertencente a eduroam, poderá conectarse a súa rede sen fíos. Debe ter configurado o SSID eduroam. Ver sección de Configuración.

Para acceder á rede eduroam é necesario autenticarse co nome de usuario e contrasinal do xestor de identidade corporativo, seguido de @udc.es.

Hai que ter en conta o seguinte: se non se conecta con eduroam na UDC, tampouco o fará noutra outra institución.

Recomendámoslle consultar, na web da outra institución, a información referente a eduroam. Consulte tamén as páxinas da iniciativa nacional e internacional de eduroam.

Usuarios doutras institucións que veñen á UDC

A Universidade da Coruña pertence á iniciativa eduroam e, por tanto, habilítalles o acceso a súa rede sen fíos aos usuarios de calquera organización adherida á iniciativa de eduroam, de acordo coa súa política de itinerancia e coas normas de uso da rede sen fíos da Universidade da Coruña.

  • O usuario visitante debe empregar o SSID eduroam
  • A rede sen fíos da UDC emprega os seguintes protocolos de autenticación e de encriptación: 802.1X, EAP-TTLS, WPA2-AES
  • Na sección Servizos, pode consultar os servizos que se lles ofrece aos usuarios da rede sen fíos

Antes de vir á UDC e de empregar a rede sen fíos, recomendámoslle comprobar se a súa organización pertence á iniciativa eduroam e se ten configurado o servizo no seu dispositivo portátil.