VPN (Acceso remoto seguro)

O servizo de acceso remoto seguro permite, empregando unha conexión a Internet, o acceso a recursos e aplicacións electrónicas da rede interna da Universidade dunha forma segura e controlada. Este servizo require autenticación por parte do usuario.

Os servizos internos actualmente dispoñibles desde a VPN son os seguintes:

  • SPSS: permite a conexión ao servidor de licenzas do devandito paquete estatístico. Dispoñible para PAS, PDI, PEC e alumnado de doutoramento.
  • Permite a conexión aos servidores Datawarehouse da UDC. Exclusivo para os PRCC de cada centro universitario tras unha solicitude á Unidade Técnica de Calidade.
  • Acceso á Rede de Área Local do posto de traballo de cada usuario/a. Exclusivo para PAS, PDI e PEC logo dunha solicitude motivada ao CAU do SIC.
  • Acceso ao cartafol persoal e compartidos. Exclusivo para PAS, PDI e PEC logo dunha solicitude motivada ao CAU do SIC.
  • Acceso as redes de laboratorio da Facultade de Informática. Exclusivo para PAS,PDI e alumnado do devandito centro.

Para acceder ao servizo é necesario dispor dunha conexión a Internet e conectarse mediante un navegador web a seguinte URL, segundo o colectivo:

Páxina de axuda: https://rede.udc.es/helpVPN

Consultas: no enderezo electrónico rede@udc.es

Incidencias e activación do servizo: Centro de Atención a Usuarios do SIC na extensión 2222 ou por correo electrónico no enderezo cau.sic@udc.es.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000