A área de Rede de Comunicacións do Servizo de Informatica e Comunicacións (SIC) é a encargada da xestión e mantemento das redes de voz e datos da Universidade da Coruña.
Ditas funcións implican as tarefas de planificación, implantación, xestión e mantemento operativo, encamiñadas a dotar aos usuarios da comunidade universitaria dos medios precisos para a adecuada realización dos seus traballos administrativos, educativos, docentes e de investigación.
Ámbitos de actuación:
- Telefonía fixa e móbil: activacións e soporte de extensións fixas e móbiles, así como a tarificación de cada unha de elas
- Directorio telefónico
- Infraestructuras de comunicacións: instalación, activación e soporte de puntos de conexión ás redes de voz e datos
- Rede de datos e conexión a Internet: asignación de direccionamento IP e soporte de comunicacións TCP/IP
- Rede sen fíos: xestión e planificación, redes para eventos, EDUROAM, portal cautivo
- Transmisións multimedia: videoconferencia H323, H320, multipunto, H239, access grid
- Acceso remoto seguro por VPN
- Control de acceso a edificios (en proxecto)
- Seguridade nas comunicacións: configuración de filtros, xestión de cortafogos e incidencias de seguridade
- Servizos de rede: DNS, proxy WEB, reverse proxy, LDAP
- Transición a IPv6 (ligazón)
- Conexión a IRIS-NOVA: (Rede Avanzada de Comunicacións para a Investigación Española) (ligazón)