O Servizo de Recursos Audiovisuais é unha infraestrutura da Universidade da Coruña que ten a función de poñer á disposición da comunidade universitaria, o soporte e os medios necesarios para integrar as tecnoloxías da información e comunicación na actividade docente; así como contribuír á proxección das actividades que en materia de investigación, docencia e cultura desenvolve a propia Universidade.
Orgánicamente está adscrito á Vicerreitoría de Calidade e Harmonización Europea. |