Revistas UDC

Revistas electrónicas UDC  |  Distribución
No portal de revistas electrónicas UDC atópanse todas as editadas en acceso aberto co Open Journal Systems (OJS) da UDC.

 

Revistas abertas
Revistas pechadas

 

Ambientalmente_sustentable_18_Web PNG
AmbientalMente Sustentable. Revista científica galego-lusófona de educación ambiental  [AMS]

Dirección: Carlos Vales Vázquez, Araceli Serantes Pazos, Michèle Sato

ISSN: 1887-2417 (impresa)

e-ISSN: 2386-4362 (dixital OJS, acceso aberto)

2006–

 

Revista-e

Web

RUC

. . . . . . . Dialnet

AmbientalMente Sustentable é unha publicación semestral da área de ciencias sociais, con carácter interdisciplinar (ciencias da educación, socioloxía, ciencias económicas, ciencias da natureza, ciencias da saúde, ciencias químicas, enxeñaría civil e arquitectura, ciencias xurídicas, enxeñaría informática, ciencias físicas e matemáticas, etc.), editada polo Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

Os seus obxectivos son divulgar as achegas de carácter científico que desde as distintas áreas do coñecemento se están a facer no ámbito da educación ambiental, abordar temas socioambientais de actualidade e presentar propostas anovadoras en que se unan investigación e acción, reflexión teórica e xestión.

Anuario_Traballo_6_700px_Web
Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo  [AFCCT] 

Dirección: Moisés Alberto García Núñez

ISSN: 2173-9811 (impresa; acceso aberto en web e RUC)

2010–

Revista-e

Web

RUC

. . . . . . .

Dialnet

O Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo ten como obxectivo divulgar a problemática presentada polas relacións laborais na sociedade desde a perspectiva xurídico-laboral, psicolóxica, económica ou sociolóxica, con especial atención ao estudo e desenvolvemento das relacións laborais en Galicia. Ten periodicidade anual e está editada pola Facultade de Ciencias do Traballo e o Servizo de Publicacións da UDC.

AFDUDC_700px_Web

Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña. Revista xurídica interdisciplinar internacional  [AFDUDC] 

Dirección: Natalia Álvarez Lata

ISSN: 1138-039X (impresa, vols. 1-19; acceso aberto en RUC)

e-ISSN: 2530-6324 (dixital OJS, acceso aberto)

1997–

Revista-e

RUC

. . . . . . .

Dialnet

O Anuario da Facultade de Dereito é a revista científica deste centro da UDC: ten vocación interdisciplinaria e procura recoller as achegas doutrinais dos investigadores nacionais e estranxeiros que desexen poñer de manifesto o resultado das súas investigacións á comunidade científica na esfera xurídica.

Ten periodicidade anual e conta con catro seccións principais: unha primeira adicada a artigos doutrinais; unha segunda de comentarios de xurisprudencia; unha terceira de recensións; e unha cuarta de miscelánea.

 APICE_provisoria_700px_Web
Ápice. Revista de Educación Científica [AREC]

Dirección: Susana García Barros

e-ISSN: 2531-016X (dixital OJS, acceso aberto)

2017–

Revista-e

RUC

. . . . . . .

Dialnet

Ápice. Revista de Educación Científica [AREC] é a revista oficial da Asociación Española de Profesores e Investigadores de Didáctica de las Ciencias Experimentales (ÁPICE), e está coeditada pola Universidade da Coruña e esta asociación. É unha publicación electrónica de acceso aberto con periodicidade semestral e revisión por pares. O seu obxectivo é difundir investigacións e innovacións no campo da didáctica das ciencias, e favorecer o intercambio de ideas e aportacións entre investigadores/as, profesorado interesado na mellora da súa práctica educativa e formadores docentes. Este carácter académico-investigador e divulgativo reflíctese nos eixos de interese das súas seccións: a investigación e a innovación en educación científica, e a recensión e noticias de novidades nas súas áreas de estudo.

Atlanticas_cuberta_defin_700px_Web
Atlánticas. Revista Internacional de Estudios Feministas [ARIEF]

Dirección: Rosa Cobo Bedia

e-ISSN: 2530-2736 (dixital OJS, acceso aberto)

2016–

Revista-e

RUC

. . . . . . .

Dialnet

Atlánticas. Revista Internacional de Estudios Feministas nace no marco do Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF), espazo de investigación, formación e diálogo da UDC ao redor dos estudos de xénero e/ou feministas. É unha revista de teoría feminista que se dirixe sobre todo aos lectores peninsulares e de América Latina, de enfoque interdisciplinar e con sistema de revisión externa por pares de dobre cego. Acepta traballos orixinais en castelán, galego, inglés e portugués.

A súa periodicidade é semestral, e cada número incorpora un monográfico con diversos traballos, varios artigos de temática libre e recensións sobre libros de actualidade.

Boletin Academico_6_2016_400_Web
BAc Boletín Académico. Revista de Investigación y Arquitectura Contemporánea  [BAc]

Dirección: Fernando Agrasar Quiroga

ISSN: 0213-3474 (1.ª época; impresa; dixitalizada con acceso aberto en RUC1)

e-ISSN: 2173-6723 (2.ª época, dixital OJS, acceso aberto; tamén dispoñible en RUC2)

1985–2002 (1.ª época); 2011– (2.ª época)

Revista-e

RUC1

RUC2

. . . . . . .

Dialnet

BAc Boletín Académico é a revista científica da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC sobre arquitectura contemporánea. Edítase en formato Open Journal Systems, con periodicidade anual, e segue o procedemento de revisión por pares de dobre cego.

Cada número adícase a un tema específico, e recolle artigos de investigación orixinais, inéditos e especializados. Publícase en inglés e español/galego/portugués.

 Cadernos_39_700px_Web

 

Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe. Revista de Xeoloxía Galega e do Hercínico Peninsular  [CADLAXE]

Dirección: Juan Ramón Vidal Romaní

ISSN: 0213-4497 (impresa)

e-ISSN: 2173-6936 (dixital, acceso aberto en web)

1980–

Web

RUC

. . . . . . .

Dialnet

Os Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe é unha publicación anual do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, que ademais incorpora números extraordinarios intercalados de carácter monográfico. Está adicada á xeoloxía de Galicia en xeral, e particularmente ao período hercínico; inclúe tamén referencias ao hercínico na Península Ibérica ou casos que o seu comité científico considera de interese. Acolle traballos orixinais de investigación, revisión ou síntese en calquera lingua oficial da Unión Europea.

 

Digilec_700px_Web
DIGILEC: Revista Internacional de Lenguas y Culturas [DIGILEC]

Dirección: Pilar Couto Cantero

e-ISSN: 2386-6691 (dixital OJS, acceso aberto)

2014–

Revista-e

Web

RUC

. . . . . . .

Dialnet

DIGILEC: Revista Internacional de Lenguas y Culturas formúlase como un medio de difusión para os traballos de investigación vinculados ás áreas de Didáctica da Lingua e a Literatura e Ciencias Sociais. Con periodicidade anual, acolle tamén achegas científicas nas didácticas específicas e interdisciplinares, así como rescates de textos e recensións de interese didáctico.

As linguas de difusión desta revista, nacida no seo do grupo de investigación DILEC da UDC, son principalmente: castelán, galego, inglés e francés. A revista ten como primeiro obxectivo reunir estudos e experiencias didácticas de distintos grupos de investigación e de profesionais que traballan en ámbitos universitarios e noutros niveis educativos.

EJPOD_700px_Web
European Journal of Podiatry / Revista Europea de Podología [ejPod]

Dirección: Daniel López López

e-ISSN: 2445-1835 (dixital OJS, acceso aberto)

2015–

Revista-e

RUC

. . . . . . .

Dialnet

European Journal of Podiatry / Revista Europea de Podología ten como obxectivo constituír unha fonte pluralista de perspectivas, adicada a dar a coñecer traballos de investigación sobre a saúde en xeral e, en especial, do pé; está orientada á transferencia de coñecemento na área de Podoloxía e de disciplinas afíns. Acepta traballos orixinais en castelán, portugués e inglés, ten sistema de avaliación por pares externos externos de dobre cego, e segue os criterios marcados para as revistas biomédicas e da saúde publicadas polo International Committee of Medical Journal Editors. É unha revista de periodicidade semestral.

 LyT_39_Web PNG

Lenguaje y Textos. Revista de la Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura [LyT]

Dirección: Josep Ballester Roca

ISSN: 1133-4770

1992–

Web

RUC

. . . . . . .

Dialnet

RESH

A revista Lenguaje y Textos, publicada pola Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura, naceu co ánimo de constituír un espazo de referencia da investigación científica e de innovación no ámbito da ensinanza e aprendizaxe de linguas e literaturas de todos os niveis educativos relacionados coa educación formal e non formal.

De periodicidade bianual desde 1991, ten como obxectivo fundamental dar a coñecer traballos e investigacións de calidade vencellados á área de Didáctica da Lingua e a Literatura desde diferentes enfoques. Pretende, pois, promover e difundir con rigor a produción académica e profesional neste campo, polo que constitúe un punto de encontro para todos os profesionais relacionados con esta área de coñecemento.

Nestes momentos publícana en coedición as universidades de A Coruña, Alicante, Almería, Barcelona, Cádiz, Católica de Valencia, Complutense de Madrid, Córdoba, Granada, Huelva, Jaén, Málaga, Murcia, Santiago de Compostela, Valladolid e Zaragoza.

REIPE_cuberta_300px_Web

Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación  [REIPE] 

Dirección: Alfonso Barca Lozano

e-ISSN: 2386-7418 (dixital OJS, acceso aberto)

2014–

 

Indexada en:  ISOC | Latindex

Revista-e

Web

. . . . . . .

Dialnet

REIPE é continuación da Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación, fundada en 1997 a raíz da celebración do II Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía. Desde os seus comezos foi editada conxuntamente pola Universidade do Minho (Braga, Portugal) e a Universidade da Coruña (A Coruña, España).

Ten como obxectivo principal proporcionar a análise, debate e intercambio teórico-conceptual, metodolóxico e aplicado sobre temas relevantes na actualidade e que se relacionan coas principais áreas temáticas da psicoloxía e a educación. Publica traballos e estudos orixinais derivados da análise e a reflexión dos autores e que, desde un ángulo psicolóxico ou educativo, se centren ou repercutan, de modo directo o indirecto, no campo da educación formal, non formal ou informal.

REIPE está aberta a todos aqueles profesionais da psicoloxía e a educación que reflexionan sobre temas psicoeducativos vivos e relevantes na actualidade, a todos os que investigan e aplican os seus coñecementos e aportacións orixinais á mellora e innovación psicopedagóxica en toda a súa extensión.

Lexicografia_21_700px_Web

Revista de Lexicografía  [RLex]

Dirección: Juan Gutiérrez Cuadrado, José Ignacio Pérez Pascual

ISSN: 1134-4539 (impresa; dixital con acceso aberto en RUC)

1994–

 

Web

RUC

. . . . . . .

Dialnet

RESH

A Revista de Lexicografía é unha publicación científica especializada de carácter anual, consagrada aos estudos lexicográficos e editada polo Departamento de Filoloxía Española e Latina da Universidade da Coruña.

O seu obxectivo é ofrecer aos investigadores deste campo un lugar de publicación, dado que é un dominio non atendido suficientemente, establecer un medio periódico de divulgación de todo tipo de traballos lexicográficos —tanto na súa faceta diacrónica como sincrónica— que poda mesmo servir de plataforma para outro tipo de actividades.

RGF_17_300_700px_Web

Revista Galega de Filoloxía  [RGF]

Dirección: Xosé Manuel Sánchez Rei

ISSN: 1576-2661 (impresa; dixital con acceso aberto en RUC)

e-ISSN: 2444-9121 (dixital OJS, acceso aberto)

2000–

 

Indexada en:  CIRC | DICE | ISOC | Latindex | MIAR

Revista-e

Web

RUC

. . . . . . .

Dialnet

Reg. Imp.

A Revista Galega de Filoloxía conságrase á publicación de traballos de investigación que desenvolveren algún aspecto lingüístico ou filolóxico do ámbito galego-portugués, como tamén á promoción e ao coñecemento da lingua no seo da sociedade. Do mesmo xeito, serán obxecto de consideración para seren publicadas as recensións de obras que trataren algún tema relacionado coa lingüística en xeral, ou coa galega e portuguesa en particular.

RELASO_700px_Web

Revista Latina de Sociología  [RELASO]

Dirección: Antón Álvarez Sousa

e-ISSN: 2253-6469 (dixital OJS, acceso aberto)

2011–

 

 

Revista-e

RUC

. . . . . . .

Dialnet

A Revista Latina de Sociología é unha publicación anual que ten como obxectivo fomentar e difundir a investigación e a reflexión sobre a sociedade nun mundo globalizado de constantes cambios no que tanto a estrutura social como a vida das persoas se atopan en proceso de transformación constante.

Inda que poden aceptarse artigos de autores de calquera parte do mundo e referidos a calquera sociedade, as súas reflexións fundamentais versarán sobre temas relacionados cos distintos países de Europa e América.

ROTUR_cuberta_700px_Web

 

ROTUR. Revista de ocio y turismo  [ROTUR]

Dirección: María José Andrade Suárez

e-ISSN: 1888-6884 (dixital OJS, acceso aberto)

2008–

 

Revista-e

RUC

. . . . . . .

Dialnet

Rotur ten como obxectivo difundir estudos de carácter científico relacionados coas áreas temáticas do ocio e do turismo. A súa principal finalidade é impulsar desde unha perspectiva claramente multidisciplinar a investigación e o debate en torno á actividade turística. É unha publicación electrónica de ámbito internacional e acceso aberto.

Ata 2014 publicouse un monográfico anual, que pasou a ser semestral (febreiro e xullo) en 2015. Acolle artigos científicos (entre oito e doce por número) resultado de rigurosos traballos de investigación no ámbito do ocio e o turismo, tanto teóricos como empíricos, que supoñan aportacións orixinais e innovadoras.

Sarmiento_18_19_700px_Web

Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación  [SARMIENTO]

Dirección: Narciso de Gabriel Fernández

ISSN: 1138-5863 (impresa; dixital con acceso aberto en web e RUC)

1997–

Web

RUC

. . . . . . .

Dialnet

RESH

Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación é unha revista de periodicidade anual editada polos servizos de publicación das universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Os traballos que recolle céntranse en calquera aspecto da historia de educación en Galicia, pero tamén acepta outros de ámbito máis amplo ou con outros enfoques (históricos, económicos, sociolóxicos, etc.) que axuden a coñecer e comprender mellor aquela.

Sportis_700px_Web
Sportis. Scientific Technical Journal of School Sport, Physical Education and Psychomotricity [SPORTIS]

Dirección: Víctor Arufe Giráldez

e-ISSN: 2386-8333 (dixital OJS, acceso aberto)

2015–

 

Indexada en:  ESCI | DOAJ | ISOC | Latindex | QOAM

Revista-e

RUC

. . . . . . .

Dialnet

REDIB

Sportis é unha revista de ámbito internacional e periodicidade cuadrimestral, indexada nas principais bases de datos. Ten como obxectivo a publicación e difusión de artigos de investigación relacionados coa educación física, o deporte escolar e a psicomotricidade en nenos e novos. A revista admite traballos en español e inglés desenvolvidos no campo da investigación analítica (revisións teóricas, de historia ou síntese), a investigación descritiva, a investigación experimental e/ou a investigación cualitativa. Todos os manuscritos sométense a un proceso de avaliación por pares de dobre cego.

  

 

Revistas pechadas


Cancionero _general_7_400_Web PNG

Cancionero General  [CG]

Dirección: Carmen Parrilla García

ISSN: 1695-7733 (impresa; dixitalizada con acceso aberto en RUC)

2003–2009

RUC

. . . . . . .

Dialnet

Cancionero General é unha revista de periodicidade anual editada polas universidades da Coruña e Vigo. O seu obxectivo era acoller traballos de investigación que contribuísen ao estudo e interpretación da poesía cancioneril do século XV. Todos os seus números están dispoñibles con acceso aberto no repositorio electrónico (RUC) da Universidade da Coruña.

 Conceptos_6_400_Web PNG

 

Conceptos. Revista de investigación graciana

Dirección: Emilio Blanco Gómez, Elena Cantarino

ISSN: 1697-2775 (impresa; dixitalizada con acceso aberto en RUC)

2004–2009

Web

RUC

. . . . . . .

Dialnet

Conceptos. Revista de investigación graciana ten a vocación de ofrecer un medio, a investigadores e lectores interesados na figura e a obra do belmontino Baltasar Gracián, para moverse con sentido entre as súas follas. A de establecer un lugar de reflexión ao redor da palabra e o pensamento do xesuíta a través da análise dos distintos conceptos presentes na súa dilatada e fecunda obra para comprendela mellor.

Sen descartar algún número ocasional consagrado a algún autor próximo, ou a algún tema estreitamente relacionado coa obra do xesuíta, a revista nace, pois, con carácter monográfico. Está dispoñible con acceso aberto no repositorio electrónico (RUC) da Universidade da Coruña.

Revista_Galega_Psicopedagoxia_18_19_400_Web PNG

Revista Galega de Psicopedagoxía  [RGP]

Dirección: Ramón González Cabanach

ISSN: 1134-1114 (impresa)

1988–1999

RUC

. . . . . . .

Dialnet

RESH

A Revista Galega de Psicopedagoxía recollía nas súas páxinas artigos e outras aportacións das áreas da pedagoxía, a psicoloxía, a educación, así como doutras fronteirizas que puidesen aportar avances ou novas perspectivas a aquelas. Ata 1999 deu á luz dezanove números de periodicidade semestral.

Revista_Galego_Portuguesa_20_700px_Web

Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación  [RGPPE]

Dirección: Alfonso Barca Lozano

ISSN: 2183-6562 (vols. 1-20 impresos; v. 21 en CD-ROM; dixitalizada con acceso aberto en RUC)

1997–2013

Continúase na Revista de Estudios e Investigación en Psicoloxía e Educación [REIPE]

RUC

. . . . . . .

Dialnet

RESH

A Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación fundouse en 1997 a raíz da celebración do II Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía, cunha forte vocación interdisciplinar. Desde os seus comezos foi editada conxuntamente pola Universidade do Minho (Braga, Portugal) e a Universidade da Coruña. Recolle traballos de carácter empírico que estean realizados con rigor metodolóxico e que supoñan unha contribución ao desenvolvemento de calquera ámbito da Educación e da Psicoloxía. Tamén acolle traballos de natureza teórica, con preferencia para aqueles que se comprometan con cuestións críticas da investigación e discutan aspectos polémicos. Está dispoñible en acceso aberto no repositorio electrónico (RUC) da Universidade da Coruña.

Sociologica_6_300_700px_Web

Sociológica. Revista de pensamiento social  [SOC]

Dirección: Luis Saavedra

ISSN: 1137-1234 (impresa; dixitalizada con acceso aberto en RUC)

1996–2006

RUC

. . . . . . .

Dialnet

RESH

Sociológica. Revista de pensamiento social é unha revista anual de ciencias sociais que acolle traballos fundamentalmente de socioloxía, mais tamén de historia, filosofía, economía, politoloxía, etc. Publicáronse seis números entre 1996 e 2006 en soporte papel, e todos eles son de acceso aberto no repositorio electrónico (RUC) da Universidade da Coruña.