Comisión Institucional de Mediación Arbitraxe e Conciliación

É o órgano encargado de analizar as queixas ou reclamacións por causa de violencia psicolóxica ou física no traballo e de establecer as medidas de corrección ou as recomendacións de prevención nos procesos que se sometan ao seu estudo.

A CIMAC ten unha composición paritaria, estará integrada por responsables da Administración Universitaria e representantes dos Traballadores, estará asesorada nos aspectos legais e técnicos pola Asesoría Xurídica e polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais, respectivamente.

A CIMAC ten o seu réxime de funcionamento propio.

Actúa de acordo a un procedemento documentado de traballo, que foi informado favorablemente no plenario do Comité de Seguranza e Saúde da UDC do 12/12/2012 e aprobado polo Consello de Goberno do 20/12/2012.

DIAGRAMA DE FLUXO DO PROCEDEMENTO CON PRAZOS
SOLICITUDE DE INICIO DO PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN POR VIOLENCIA FÍSICA OU PSICOLÓXICA NO TRABALLO
SOLICITUDE DE MEDIACIÓN E CONCILIACIÓN