Prevención de riscos laborais

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais canaliza as actuacións da universidade en materia de prevención de riscos laborais e de mellora continua das condicións de seguridade e saúde no traballo.

É unha unidade organizativa específica, un dos instrumentos da Universidade da Coruña para implantar e manter un sistema de xestión da prevención; canaliza, por tanto, as súas actuacións nesta materia:

  • cumprimento da lexislación de seguridade e saúde laboral vixente.
  • garantía de información, consulta e participación dos traballadores.
  • dotación dunha suficiente e adecuada formación teórico/práctica.

Crea, en definitiva, unha cultura preventiva positiva integrada na nosa xestión e no conxunto de actividades e decisións da UDC.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal