Un sitio web accesible é aquél no que o contido pode ser correctamente empregado poll maior número posible de usuarios. O máis importante para facer un sitio web accesible é comprender que a xente accede á Web de modos moi diferentes.
Polo tanto, un sitio web accesible deberá presentar a información de tal maneira que os usuarios podan acceder a ela independientemente do equipo físico o os programas que estén empregando, e independientemente de qué capacidades físicas e sensoriales empreguen para interactuar co ordenador.
Hai que saber que non todo o mundo emprega para navegar por Internet os mesmos tipos de dispositivos nin da mesma forma. A continuación expoñense uns exemplos de distintos tipos de usuarios:
O primeiro principio do diseño accesible é, polo tanto, crear páxinas que se transformen correctamente e que teñan contido que sexa correctamente reproducible baixo distintas circunstancias. Hai que crear páxinas que sexan accesibles a pesar das deficiencias cognitivas leves, físicas ou sensoriales dos usuarios. Hai que considerar tamén as posibles restriccións debidas ó lugar de acceso e as barreiras tecnolóxicas.
Neste sentido o texto é sempre o máis accesible. Sin embargo non se trata de crear páxinas só-texto sen elementos gráficos nin unha atractiva maquetación visual. Existen técnicas de HTML para asociar texto alternativo a cada elemento non textual da páxina.
Ademáis os elementos gráficos e multimedia correctamente empregados contribuen a mellorar a accesibilidade do sitio web, pois axudan a conseguir o outro principio importante do deseño accesible: a comprensión do contido e a navegación fácil polo sitio.
Esto inclue non só o emprego dunha linguaxe clara e simple, senon tamén proporcionar mecanismos comprensibles para navegar dentro de cada páxina e entre as páxinas do sitio web. Ó proporcionar ferramentas de navegación e información orientativa nas páxinas maximizarase a accesibilidada e a usabilidade do sitio web.
Pero como se comentou, non todolos usuarios poden empregar as claves visuais tales como mapas de imaxe, cores de fondo, marcos contiguos ou imáxenes que guían ós usuarios videntes. Algúns usuarios perden tamén información do contexto cando só poden visualizar unha parte da páxina. Esto sucede se acceden á páxina palabra por palabra con sintetizadores de voz, braille ou teléfonos WAP ou se acceden por partes con pantallas pequenas ou magnificadores de pantalla.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000