Servizo de PAS

O persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña está formado por persoal funcionario das escalas propias das universidades e polo persoal laboral contratado pola propia universidade, así como por persoal funcionario pertencente aos corpos ou escalas das outras administracións públicas que presten servizo na Universidade da Coruña.

O Servizo de Persoal de Administración e Servizos desenvolve as seguintes funcións:

  • Xestionar o persoal funcionario e laboral de administración e servizos.
  • Elaborar os procesos de selección de persoal.
  • Elaborar os procesos de provisión de persoal.
  • Elaborar o Plano Integral de Formación.

Xefa do Servizo: Mª José Gómez Rega


Enderezo:
Reitoría
Rúa da Maestranza, 9
15001 - A Coruña

Tel.: +34 981 167 000 ext.: 1108, 1117, 1102, 1105 e 2395
Fax: +34 981 167 012, interno: 2393
servizo.pas@udc.es