Rematado proceso selectivo para a provisión de prazas de técnicos de grao medio de informática, da vixente relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade da Coruña, convocado por Resolución do 28 de outubro de 2009,
Esta Reitoría no uso das atribucións conferidas no artigo 36 dos Estatutos desta Universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, de 13 de maio (DOG do 26 de maio), visto o establecido no Anexo V do III Convenio colectivo e de acordo coas bases da convocatoria, resolve facer pública, no anexo que se acompaña, a lista de agarda para a cobertura temporal de prazas da devandita categoría, constituída polos opositores que, superando todos os exercicios da fase de oposición, non acadaron a puntuación necesaria para superar as probas.
A presente lista de agarda, ordenada segundo a puntuación final obtida no proceso de selección, xestionarase segundo o establecido no Anexo V do III Convenio colectivo. Esta lista de agarda substitúe á publicada por Resolución do 1 de agosto de 2006.
Contra a presente resolución e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro), a persoa interesada poderá interpoñer, potestativamente, un recurso de reposición perante o reitor no prazo dun mes, ou directamente un recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses na forma e nas condicións que están previstas na lei reguladora de dita xurisdición, que contan a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución.
A Coruña, a 26 de xaneiro de 2012
O reitor
Asdo.: Xosé Luis Armesto Barbeito
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000