Rematado o proceso de selección para a constitución da lista de agarda para a contratación temporal dun técnico en Prevención de Riscos Laborais (grupo II) especialidade en Hixiene Industrial, convocado por resolución do 21 de xuño de 2006, esta Reitoría resolve facer pública, no anexo que se acompaña, a lista de agarda para a cobertura temporal da praza da devandita categoría.
A presente lista de agarda, ordenada segundo a puntuación final obtida no proceso de selección, xestionarase segundo o establecido na Resolución do 4 de febreiro de 2004.
Contra a presente resolución e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro), a persoa interesada poderá interpoñer, potestativamente, un recurso de reposición perante o reitor no prazo dun mes, ou directamente un recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses na forma e nas condicións que están previstas na lei reguladora de dita xurisdicción, que contan a partir do día seguinte ao da recepción da presente notificación.
A Coruña, 18 de setembro de 2006
O reitor
Jose María Barja Pérez
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000