Resolución do 31 de xaneiro de 2012 pola que se constitúe unha listaxe de espera para a cobertura temporal de prazas de técnico especialista de informática da Universidade da Coruña

Rematado proceso selectivo para a provisión de prazas de técnicos especialista de informática, da vixente relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade da Coruña, convocado por Resolución do 5 de outubro de 2009,

Esta Reitoría no uso das atribucións conferidas no artigo 36 dos Estatutos desta Universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, de 13 de maio (DOG do 26 de maio), visto o establecido no Anexo V do III Convenio colectivo e de acordo coas bases da convocatoria, resolve facer pública, no anexo que se acompaña, a lista de agarda para a cobertura temporal de prazas da devandita categoría, constituída polos opositores que, superando todos os exercicios da fase de oposición, non acadaron a puntuación necesaria para superar as probas.

A presente lista de agarda, ordenada segundo a puntuación final obtida no proceso de selección, xestionarase segundo o establecido no Anexo V do III Convenio colectivo. Esta lista de agarda substitúe á publicada por Resolución do 1 de agosto de 2006.

Contra a presente resolución e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro), a persoa interesada poderá interpoñer, potestativamente, un recurso de reposición perante o reitor no prazo dun mes, ou directamente un recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses na forma e nas condicións que están previstas na lei reguladora de dita xurisdición, que contan a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución.

A Coruña, a 31 de xaneiro de 2012

O reitor

 

Asdo.: Xosé Luis Armesto Barbeito
 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000