Resolución do 2 de maio de 2006 pola que se constitúe unha listaxe de espera para a cobertura temporal de prazas de técnico especialista de laboratorio para o Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT)

Rematado o proceso de selección para a constitución de listas de agarda para a contratación temporal de técnicos especialista de laboratorio Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT), convocado por resolución do 7 de febreiro de 2006, esta Reitoría resolve facer pública, no anexo que se acompaña, a lista de agarda para a cobertura temporal de prazas da devandita categoría.

A presente lista de agarda, ordenada segundo a puntuación final obtida no proceso de selección, xestionarase segundo o procedimento establecido na Resolución do 4 de febreiro de 2004.

 

A Coruña, 2 de maio de 2006

 

O reitor
Asdo.: José Mª. Barja Pérez


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000