Resolución do 23 de xaneiro de 2008 pola que se constitúe a lista de agarda para a cobertura temporal de prazas de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos

Rematadas as probas selectivas para o ingreso, por quenda libre, na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña, convocado por resolución do 3 de marzo de 2006, esta Reitoría resolve facer pública a lista de agarda para a cobertura temporal de prazas da referida escala cos candidatos que non superaron estas probas. Esta lista de agarda substitúe a constituída por Resolución do 20 de setembro de 2004, que deixa de estar vixente con esta data.

A presente lista de agarda, ordenada segundo a puntuación total obtida no proceso selectivo, xestionarase segundo o procedimento establecido na Resolución do 5 de xuño de 2006.


A Coruña, 23 de xaneiro de 2008
O reitor


Asdo.: José M.ª Barja Pérez


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000