Instrución para a xestión das listas de agarda para a cobertura temporal de postos de traballo do persoal de administración e servizos, seguindo os criterios establecidos pola resolución reitoral do 4 de febreiro de 2004

Por orde do Sr. Reitor, có fin de aclarar as dúbidas que poidan xurdir na interpretación dos criterios establecidos pola Resolución reitoral do 4 de febreiro de 2004, pola que se constitúen listas de agarda e se regula o procedemento para a cobertura temporal de postos de traballo do persoal de administración e servicios, comunícase que:

1º. Como dispón o artigo 2º núm.3º da citada Resolución, “cando un traballador remate o seu contrato temporal ou cando a praza ocupada interinamente se ocupe por funcionario de carreira por algún dos sistemas de provisión previstos regulamentariamente, dito traballador ou funcionario interino volverá a ocupar o lugar que tiña na lista sempre que o contrato ou nomeamento tivese unha duración inferior á que orixina o dereito á prestación por desemprego”. O traballador que se atope nesta situación debe solicitar expresamente por escrito ao Servicio de PAS a volta á lista, salvo cando o contrato temporal ou a interinidade teña sido na UDC, caso no cal non é necesario solicitar a volta á lista porque xa o Servicio de PAS o fai de oficio.

2º. Como dispón o artigo 2º núm.7º da citada Resolución, “admitirase a renuncia á oferta, sempre que se xustifique de forma suficiente, nos seguintes supostos:... e. Ter outro contrato en vigor”. O traballador que renuncie por ter outro contrato en vigor, sexa coa UDC ou fóra, sae da lista de agarda e non será chamado de novo ata que finalice o seu contrato coa UDC, ou ata que solicite expresamente por escrito ao Servicio de PAS a volta á lista por ter rematado o seu contrato no caso de telo fóra da UDC.

3º. As solicitudes de cobertura temporal de postos de traballo do persoal de administración e servicios que corresponda atender o serán da seguinte forma: unha vez que o Sr. Xerente decida que corresponde cubrir temporalmente o posto vacante, chamarase á persoa que corresponda por orde de lista. Esistindo varios postos vacantes, chamarase por orde de lista para cubrir en primeiro lugar a solicitude de cobertura temporal que teña data anterior de entrada por Rexistro ou por fax, e no seu defecto data anterior do documento.

 

 

En A Coruña, a 12 de marzo de 2004

A SECRETARIA XERAL

 

Asdo. Patricia Faraldo Cabana


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000