De forma xeral, a Comisión Europea achega un determinado porcentaxe dos custos subvencionables totais, é dicir, mediante a concesión de subvencións. A contía destas axudas depende do tipo de actividades que se realicen:
• Actividades de Investigación: ata o 50% (75% para universidades e Pemes)
• Actividades de Demostración: ata o 50%
• Actividades de Coordinación do consorcio, accións para a formación e o desenvolvemento dos investigadores (programa específico Persoas): ata o 100%
Fináncianse todos aqueles custos reais que sexan necesarios para a execución do proxecto e que se xeren durante a duración do mesmo. Estes custos deben poder determinarse con arranxo aos principios de contabilidade habituais da entidade participante. En ningún momento a contribución financeira comunitaria para o reembolso dos custos subvencionables dará lugar a beneficio algún, é dicir, non poderá superar o 100% dos custos do proxecto.
A comisión Europea paga ao coordinador, o cal distribúe entre os participantes segundo o acordo de consorcio. De forma xeral, nos 45 días seguintes á firma do contrato, a Comisión anticipa ata o 80% da subvención dos 18 primeiros meses, e cada ano ata o 85% do financiamento dos 18 meses seguintes.
En xeral, a Unión Europea achega só unha determinada porcentaxe do custo total do proxecto. Xa que logo, os participantes teñen que dispor doutros recursos. A porcentaxe da contribución comunitaria depende do tipo de actividade e do modelo de custos.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000