Estrutura

O 7ºPM está estruturado segundo catro programas específicos:


a) Cooperación: o programa específico sobre cooperación apoia a cooperación transnacional de todos os tipos de actividades de investigación realizadas por diversas entidades científicas en cooperación transnacional e pretende alcanzar ou consolidar o liderado en ámbitos clave da ciencia e da tecnoloxía. Está destinado principalmente a estimular a colaboración entre a industria, a universidade e centros de investigación mediante:

  • Investigación colaborativa: ten como obxectivo emprender proxectos transnacionais e establecer redes de investigación de gran calidade. Establécense 10 temas ou campos prioritarios.
  • Iniciativas tecnolóxicas conxuntas: as iniciativas que cubran un aspecto ou un pequeno número de aspectos determinados da investigación nun campo dado, na súa maioría resultado do traballo das plataformas tecnolóxicas europeas; combinarán investimentos do sector privado e financiamento público europeo e nacional, incluídas as subvencións do Programa marco de investigación e préstamos do Banco Europeo de Investimentos.
  • Coordinación dos programas de investigación nacionais: as principais ferramentas desta acción son o plano ERA-NET e a participación da Comunidade en programas de investigación nacionais aplicados conxuntamente.
  • Plataformas tecnolóxicas: as Plataformas Tecnolóxicas Europeas (PTE) agrupan a industria, as autoridades públicas, a comunidade científica e financeira e a sociedade civil en torno a unha Axenda Estratéxica de Investigación nunha área de especial interese competitivo.


Este programa específico estrutúrase en 10 campos prioritarios de investigación:

- Saúde
- Alimentos, agricultura e pesca e biotecnoloxía
- Tecnoloxías da información e as comunicacións
- Nanociencias, nanotecnoloxías, materiais e novas tecnoloxía de produción
- Enerxía
- Medio ambiente (incluído o cambio climático)
- Transporte (incluída a aeronáutica)
- Ciencias socioeconómicas e humanidades
- Espazo
- Seguridade


b) Ideas: implementado a través do Consello Europeo de Investigación, o programa específico Ideas ten como obxectivo concreto fortalecer a excelencia, o dinamismo e a creatividade da investigación europea e aumentar o atractivo de Europa para os/as mellores investigadores/as de Europa e de terceiros países e para o investimento da industria en investigación.


c) Persoas (Accións Marie Curie): o obxectivo deste programa específico é consolidar, cuantitativa e cualitativamente, o potencial humano en materia de investigación e tecnoloxía en Europa a través de bolsas de intercambio transnacional.


d) Capacidades: o obxectivo principal deste programa específico é aumentar as capacidades de investigación e innovación en toda Europa e asegurar o seu aproveitamento óptimo. Repártese entre sete áreas:

  • Infraestruturas de investigación
  • Investigación en beneficio das PEME
  • Rexións do coñecemento e apoio a agrupacións rexionais de investigación
  • Potencial investigador das rexións de converxencia
  • Ciencia e sociedade
  • Apoio ao desenvolvemento coherente das políticas de investigación
  • Cooperación internacional 

     


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000