Programa IDEAS

Xornada do programa IDEAS 27 de xuño


O programa IDEAS é o programa máis atractivo no panorama europeo para o financiamento de proxectos de investigación individuais.

As distintas convocatorias do Consello Europeo de Investigación -ERC- ofrecen oportunidades para abordar un proxecto de investigación innovador por un período de 5 anos, tanto a:

  • postdocs que desexan iniciar a súa actividade como líderes dunha liña de investigación (Starting Grants)
  • investigadores que intentan consolidar a súa liña de investigación (Consolidator Grants)
  • investigadores sénior xa consolidados (Advanced Grants)

Estas convocatorias son muy competitivas dende o punto de vista curricular, polo que a xornada non só se centrará en presentar as convocatorias, senón en detallar que perfís curriculares son competitivos baixo as mesmas.

Para o persoal investigador con interese no programa, cabe a posibilidade de concertar unha entrevista co poñente para discutir ideas de proxectos.

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000