O Programa LIFE+ é o único instrumento financeiro da Unión Europea dedicado, de forma exclusiva, ao medio ambiente para o período 2007-2013.
Ten como obxectivo xeral contribuír ao desenvolvemento, á aplicación e á actualización da política e da lexislación comunitaria en materia de medio ambiente, co fin de contribuír ao desenvolvemento sustentable.
Substitúe varios programas que tiñan como obxectivo financiar actuacións dirixidas ao medio ambiente (o anterior programa LIFE, o Programa de cooperación para o desenvolvemento sustentable no medio urbano, o Programa de fomento das organizacións non gobernamentais e Forest Focus). Este programa pretende reunir nun conxunto único as normas e os procedementos de decisión, facendo as intervencións comunitarias máis coherente e eficaces. Tamén avala a aplicación do 6.º Programa de Acción en Materia de Medio Ambiente (6.º PMA), incluídas as estratexias temáticas, e financiará medidas e proxectos con valor engadido europeo nos estados membros.
A duración dun proxecto Life+ non está predeterminada. Esta dependerá do tempo necesario para completar todas as accións e alcanzar os obxectivos previstos. Polo xeral duran entre 2 e 5 anos.
A Comisión fará unha convocatoria de propostas anual, prestando especial atención ao programa estratéxico plurianual establecido no anexo II do regulamento (CE) n.º 614/2007 do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de maio de 2007 e ás prioridades anuais nacionais que se lle presentasen.
Entre os proxectos presentados, decidirá cales poden recibir axuda financeira de LIFE+ e publicará a lista deses proxectos.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000