Cooperación territorial europea (InterregIV)

A cooperación territorial europea (Interreg IV) impulsa o traballo en coordinación entre as rexións e cidades de diferentes estados membros, e así aprender uns dos outros a través de programas conxuntos, proxectos e redes, co fin de alcanzar un desenvolvemento territorial integrado.

 

A Unión Europea lanzou a iniciativa comunitaria INTERREG no ano 1990 co fin de apoiar as rexións nas fronteiras internas e externas da Unión Europea que experimentan dificultades a causa da súa situación xeo-específica. A solución achegada pola Comisión Europea baseouse en estimular a cooperación entre rexións con fronteiras comúns, xa fosen de mar ou de terra.

 

A primeira etapa desta iniciativa -INTERREG I- durou de 1990 ata 1993, cun orzamento de 1.080 millóns de ECU. A partir de 1994, o contido do programa estruturouse en tres grandes bloques e así INTERREG II durou ata 1999, cun orzamento de 3.500 millóns de ECU. O grande éxito das iniciativas anteriores e o notable impacto nas rexións levou ao arranque de INTERREG III, para o período 2000-2006.

 

Coa ampliación da UE a 27 estados alteráronse os equilibrios socioeconómicos logrados anteriormente, acentuando as diferenzas económicas, sociais e territoriais. É por iso que se deseñou unha nova política de cohesión para os diferentes estados membros da UE, que pretende que estes traballen xuntos, co obxectivo de aprender uns dos outros a través de programas, proxectos e redes realizados en común. A devandita política estará apoiada polo novo período de financiamento 2007-2013 da UE.

 

A nova política de cohesión da UE estableceu tres obxectivos:

• Converxencia
• Competitividade rexional e emprego
• Cooperación territorial europea


O obxectivo da cooperación territorial trata de reforzar a cooperación a nivel transfronteirizo, transnacional e interrexional, sobre as bases da anterior iniciativa INTERREG. Busca atopar solucións comúns ás rexións veciñas no que respecta ao desenvolvemento urbano, rural e costeiro, desenvolvemento das relacións económicas e a creación de redes de pequenas e medianas empresas.

 

Os temas da cooperación territorial céntranse no seguinte:
- Investigación
- Desenvolvemento
- Sociedade da información
- Medio ambiente
- Prevención dos riscos
- Xestión integrada dos recursos hídricos
 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000